DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 170 Xoves, 7 de setembro de 2023 Páx. 51866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 24 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifican diversos expedientes sancionadores por infraccións das persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego (lote 351).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), co contido sinalado no artigo 46 da mesma lei, e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentar a notificación persoal no domicilio que consta nos nosos arquivos, notifícanselles ás persoas traballadoras ou asimiladas, beneficiarias e solicitantes de prestacións por desemprego que se sinalan no anexo as comunicacións de inicio ou resolucións do procedemento sancionador por infraccións na orde social. A seguir publícase este anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Para o caso de comunicacións de inicio do procedemento sancionador, outórgaselles un prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentaren a documentación que xulguen oportuna.

Para o caso de resolucións do procedemento sancionador, a resolución sancionadora esgota a vía administrativa e poderán interpoñer, dentro do prazo de trinta (30) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, reclamación administrativa previa, conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social. Contra as resolucións das reclamacións administrativas previas en materia de prestacións da Seguridade Social que esgotan a vía administrativa cabe formular demanda, ante o xulgado do social competente, no prazo de dous meses seguintes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia deste coñecemento, a persoa interesada poderá comparecer debidamente acreditada na oficina de emprego que corresponda, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no citado artigo 44, parágrafo segundo, da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 24 de agosto de 2023

José Antonio Rodríguez Fachado
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado/a (DNI/NIE)

Nº expediente

Acto que se notifica

Concello

48897702R

48897702R/28-07-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Moaña

53115404D

53115404D/10-07-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Moaña

76989044V

76989044V/26-07-2023/2.1.E

Comunicación de inicio de procedemento sancionador

Redondela

21030041Z

21030041Z/07-02-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Pontevedra

34981714W

34981714W/21-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

35302687X

35302687X/11-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Moaña

35454454T

35454454T/11-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

35488148E

35488148E/28-03-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Pontevedra

36038523F

36038523F/25-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

36121445Z

36121445Z/22-03-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

39457272J

39457272J/28-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

44454938D

44454938D/03-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

52117391N

52117391N/04-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

53116009Q

53116009Q/12-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Cangas

53198640P

53198640P/06-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Porriño, O

53818350Y

53818350Y/09-06-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

53980856V

53980856V/14-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Tomiño

77002641K

77002641K/27-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vigo

77480947L

77480947L/18-04-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Vilagarcía de Arousa

X7402966W

X7402966W/16-05-2023/2.1.E

Resolución de procedemento sancionador

Tui