DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51747

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2023 de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de doce inmobles situados na aldea modelo de Covelo, no concello de Taboadela (Ourense), código MRO01A, expediente AM-22-02

O 21 de agosto de 2023, CVE kMbtkFyWPKW1, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acordou o inicio dun procedemento de investigación da titularidade dos bens inmobles, coas características que permiten identificar o ben ou o dereito obxecto de investigación, de conformidade co artigo 19.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e a medida cautelar de integrar transitoriamente no Banco de Terras de Galicia e a súa entrega, para a súa xestión provisional pola Axencia, das parcelas que carecen de posuidor, de conformidade co seu artigo 19.14, que se relacionan no anexo.

Remitiráselle unha copia do anuncio ao Concello e mais á xefatura territorial correspondente onde radique o ben ou o dereito para a súa exposición ao público no taboleiro de edictos da dita entidade e da unidade durante un prazo de vinte días. Así mesmo, o anuncio será publicado na epígrafe específica da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/investigacion-titularidade/

Remitiráselle unha copia do anuncio á Administración xeral do Estado, para os efectos de que poida alegar, se é o caso, a súa titularidade sobre o ben e, en particular, a data de vacancia do ben anterior á entrada en vigor desta lei ou a existencia dun procedemento administrativo de investigación da titularidade dese ben.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de exposición no taboleiro de edictos do concello, as persoas afectadas polo procedemento de investigación, así como tamén a Administración xeral do Estado, poderán alegar, por escrito, canto consideren conveniente, para o cal deberán achegar os datos, antecedentes ou documentos que consideren pertinentes para fundar o seu dereito, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En todo caso, as persoas indicadas deberán presentar, de existiren, os títulos escritos en que se funde o seu dereito e declarar os gravames e situacións xurídicas que coñezan e afecten os seus predios ou dereitos.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

– Relación de bens inmobles obxecto de investigación da titularidade

Referencia catastral

Polígono

Parcela

32080A002001730000AL

2

173

32080A002003200000AU

2

320

32080A002004430000AE

2

443

32080A002004440000AS

2

444

32080A002004690000AX

2

469

32080A002004800000AZ

2

480

32080A002004870000AG

2

487

32080A002004990000AR

2

499

32080A002005220000AP

2

522

32080A002005310000AK

2

531

32080A002005420000AZ

2

542

32080A002006280000AX

2

628

– Relación de bens inmobles obxecto de integración transitoria no Banco de Terras de Galicia

Referencia catastral

Polígono

Parcela

32080A002001730000AL

2

173

32080A002003200000AU

2

320

32080A002004430000AE

2

443

32080A002004440000AS

2

444

32080A002004690000AX

2

469

32080A002004800000AZ

2

480

32080A002004870000AG

2

487

32080A002004990000AR

2

499

32080A002005220000AP

2

522

32080A002005310000AK

2

531

32080A002005420000AZ

2

542

32080A002006280000AX

2

628