DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51750

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 21 de agosto de 2023 de inicio dun procedemento de investigación da titularidade de vinte e catro inmobles situados na aldea modelo de Carzoá, no concello de Cualedro (Ourense), código MRO01A, expediente AM-22-03.

O 21 de agosto de 2023, CVE QPT2QH2LmAj1, verificable en https://sede.xunta.gal/cve, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural acordou o inicio dun procedemento de investigación da titularidade dos bens inmobles, coas características que permiten identificar o ben ou o dereito obxecto de investigación, de conformidade co artigo 19.5 da Lei 11/2021, do 14 de maio, de recuperación da terra agraria de Galicia, e a medida cautelar de integrar transitoriamente no Banco de Terras de Galicia e a súa entrega, para a súa xestión provisional pola Axencia, das parcelas que carecen de posuidor, de conformidade co seu artigo 19.14, que se relacionan no anexo.

Remitiráselle unha copia do anuncio ao concello e mais á xefatura territorial correspondente onde radique o ben ou o dereito para a súa exposición ao público no taboleiro de edictos da dita entidade e da unidade durante un prazo de vinte días. Así mesmo, o anuncio será publicado na epígrafe específica da páxina web da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural https://agader.xunta.gal/gl/recuperacion-de-terras/investigacion-titularidade/

Remitiráselle unha copia do anuncio á Administración xeral do Estado, para os efectos de que poida alegar, se é o caso, a súa titularidade sobre o ben e, en particular, a data de vacancia do ben anterior á entrada en vigor desta lei ou a existencia dun procedemento administrativo de investigación da titularidade dese ben.

Durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de exposición no taboleiro de edictos do concello, as persoas afectadas polo procedemento de investigación, así como tamén a Administración xeral do Estado, poderán alegar, por escrito, canto consideren conveniente, para o cal deberán achegar os datos, antecedentes ou documentos que consideren pertinentes para fundar o seu dereito, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, por calquera dos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. En todo caso, as persoas indicadas deberán presentar, de existiren, os títulos escritos en que se funde o seu dereito e declarar os gravames e situacións xurídicas que coñezan e afecten os seus predios ou dereitos.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

Inés Santé Riveira
Directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

– Relación de bens inmobles obxecto de investigación da titularidade

Referencia catastral

Polígono

Parcela

32029A163000300000ED

163

30

32029A163006120000EZ

163

612

32029A163006260000ET

163

626

32029A163006470000EW

163

647

32029A163006620000EF

163

662

32029A163006650000EK

163

665

32029A163006680000EX

163

668

32029A163006910000EP

163

691

32029A163007310000ER

163

731

32029A163007500000EY

163

750

32029A163007710000EE

163

771

32029A163007720000ES

163

772

32029A503008710000HZ

503

871

32029A503009730000HB

503

973

32029A503009840000HM

503

984

32029A503009990000HH

503

999

32029A503010080000HU

503

1008

32029A503010090000HH

503

1009

32029A503010200000HG

503

1020

32029A503010780000HA

503

1078

32029A503010880000HT

503

1088

32029A503010960000HR

503

1096

32029A503012540000HK

503

1254

32029A503012740000HY

503

1274

– Relación de bens inmobles obxecto de integración transitoria no Banco de Terras de Galicia

Referencia catastral

Polígono

Parcela

32029A163000300000ED

163

30

32029A163006120000EZ

163

612

32029A163006260000ET

163

626

32029A163006470000EW

163

647

32029A163006620000EF

163

662

32029A163006650000EK

163

665

32029A163006680000EX

163

668

32029A163006910000EP

163

691

32029A163007310000ER

163

731

32029A163007500000EY

163

750

32029A163007710000EE

163

771

32029A163007720000ES

163

772

32029A503008710000HZ

503

871

32029A503009730000HB

503

973

32029A503009840000HM

503

984

32029A503009990000HH

503

999

32029A503010080000HU

503

1008

32029A503010090000HH

503

1009

32029A503010200000HG

503

1020

32029A503010780000HA

503

1078

32029A503010880000HT

503

1088

32029A503010960000HR

503

1096

32029A503012540000HK

503

1254

32029A503012740000HY

503

1274