DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Mércores, 6 de setembro de 2023 Páx. 51636

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2023 pola que se convocan probas selectivas para cubrir seis prazas da escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

O reitor, no uso das atribucións conferidas conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario, así como nos estatutos desta universidade, co fin de atender de maneira estable as súas necesidades estruturais de persoal de administración e servizos, e en execución do disposto no anexo IV da Resolución do 24 de setembro de 2020 (DOG do 5 de outubro) pola que se publicou a oferta de emprego público para o ano 2020, e no anexo III da Resolución do 17 de agosto de 2021 (DOG do 25 de agosto) pola que se publicou a oferta de emprego para o ano 2021, resolve convocar probas selectivas para o acceso á escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas e especialidade arquivos, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

Todos os actos de relación entre as/os aspirantes e a Universidade de Santiago de Compostela (USC) derivados desta convocatoria se realizarán exclusivamente por medios electrónicos, ao abeiro do artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

1. Normas xerais.

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir seis (6) prazas na escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, cinco (5) na especialidade bibliotecas, e unha (1) na especialidade arquivos, subgrupo A1, pola quenda de promoción interna.

1.2. Do total de prazas convocadas na especialidade de bibliotecas reservarase unha (1) para ser cuberta por persoas con discapacidade de grao igual ou superior ao 33 %. No suposto de que esta praza non se cubra, acumularase ás da cota xeral de acceso libre.

1.3. As prazas convocadas terán o seu destino nas localidades de Santiago de Compostela e Lugo.

1.4. O sistema de selección das persoas aspirantes será o de concurso-oposición. No que se refire ás probas e valoracións, axustaranse ao que se especifica no anexo I.

1.5. O programa que rexerá para a fase de oposición é o que figura no anexo II.

1.6. Na realización destas probas selectivas aplicaranse as seguintes normas e os seus desenvolvementos regulamentarios: Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario; Real decreto 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público; Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; os estatutos da USC, aprobados polo Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro, da Xunta de Galicia; Regulamento de selección de persoal funcionario de administración e servizos, aprobado en Consello de Goberno da USC o 30 de outubro de 2020, e as bases desta convocatoria.

2. Requisitos das persoas aspirantes.

2.1. Para seren admitidas á realización das probas selectivas, as persoas aspirantes deberán posuír no día de remate do prazo de presentación de solicitudes e manter ata a data de toma de posesión os seguintes requisitos:

a) Pertencer como funcionario de carreira á escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, na mesma especialidade da praza a que concorra, especialidade bibliotecas ou especialidade arquivos, con destino definitivo ou adscrición provisional na USC, e ter prestado servizos efectivos durante, polo menos, dous anos na data do último día de presentación de solicitudes.

b) Estar en posesión de titulación universitaria oficial de grao, doutor, licenciado, arquitecto, enxeñeiro ou equivalente. As persoas aspirantes con titulacións obtidas no estranxeiro deberán acreditar que están en posesión da correspondente validación ou credencial que acredite, de ser o caso, a homologación do título.

c) Será requisito indispensable para o ingreso ter acreditada a aptitude médica para o desempeño. Para estes efectos, a persoa aspirante declara, ao facer a solicitude de participación no proceso selectivo, que nesa data posúe a capacidade funcional para o desempeño das tarefas propias do posto e que non padece enfermidade física nin psíquica que impida realizar o traballo propio da escala á cal se pretende incorporar.

d) Non estar separado/a de servizo de calquera das administracións públicas en virtude de expediente disciplinario, nin estar inhabilitado/a por sentenza firme para o exercicio da función pública, nin sancionado/a coa suspensión do dereito de concorrer a probas selectivas.

e) Aboar as taxas por dereitos de exame, agás o previsto no número 3.8.1 desta convocatoria para as persoas con discapacidade ou para os membros de familias numerosas.

3. Solicitudes.

3.1. O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

3.2. As persoas que desexen participar nestas probas selectivas deberán formalizar a súa solicitude unicamente por medios electrónicos, empregando exclusivamente o formulario que figura no Catálogo de procedementos da sede electrónica da USC: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/seleccionPersoalFuncionario.htm, para o cal empregarán como medio de identificación as credenciais corporativas da USC. Así mesmo, deberán aboar as taxas correspondentes segundo o establecido na base 3.8.

3.3. A solicitude presentarase acompañada da seguinte documentación:

– Certificado de coñecemento de lingua galega (Celga 4 ou certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega, ou certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007, modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega). As persoas aspirantes que non presenten esta acreditación deberán realizar a proba de lingua galega prevista no anexo I.

As/os aspirantes que teñan ou tivesen expediente administrativo como PAS na USC estarán exentas/os de xustificar documentalmente as condicións e requisitos xa probados para obter a súa anterior contratación ou nomeamento e deberán presentar unicamente a documentación requirida para este procedemento que non estea debidamente acreditada no seu expediente persoal.

3.4. O certificado acreditativo dos servizos prestados, no cal consten a categoría e os períodos en que se prestaron, así como os cursos de formación e cualificación profesional que consten no expediente, expedirase de oficio e engadirase á solicitude.

3.5. Os méritos da fase de concurso valoraranse con referencia á data do final do prazo de presentación de solicitudes.

3.6. En calquera momento, a Universidade poderá requirir das persoas aspirantes os orixinais ou as copias auténticas dos documentos que se correspondan coas simples presentadas.

3.7. Os/as aspirantes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán solicitar, no formulario de inscrición do proceso selectivo, a adaptación de tempo e/ou medios para a realización dos exercicios, no cal reflectirán con claridade as necesidades que teñen de adaptacións específicas e o seu motivo.

3.8. Os dereitos de exame serán de 44,17 €. Para realizar o seu ingreso, empregarase un dos seguintes medios accesibles desde o formulario de inscrición.

– Aboamento con tarxeta bancaria a través da pasarela de pagamento do formulario.

– Aboamento presencial nunha oficina de Abanca presentando a folla de liquidación, que se deberá imprimir, unha vez realizada a inscrición no proceso selectivo; non será precisa comunicación posterior do pagamento por parte da persoa interesada.

3.8.1. De acordo co sinalado no artigo 23.5 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, estarán exentas do pagamento:

Do importe total da taxa:

– As persoas con discapacidade igual ou superior ao 33 %.

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial.

Do 50 % do importe da taxa:

– As persoas que sexan membros de familias numerosas clasificadas na categoría xeral.

3.8.2. As circunstancias de exención e bonificación deberán ser acreditadas, segundo o suposto que corresponda, presentando xunto coa solicitude de participación no proceso selectivo a seguinte documentación:

– Persoas con discapacidade: certificado do grao de discapacidade.

– Familia numerosa xeral ou especial: certificado de familia numerosa de carácter xeral ou especial, ou carné familiar en que conste o dito carácter.

3.8.3. Serán excluídas todas aquelas persoas aspirantes que non aboen os dereitos de exame dentro do prazo habilitado para a presentación de solicitudes, e non se concederá ningún prazo adicional para o seu aboamento.

3.8.4. Unicamente procederá a devolución dos dereitos de exame ás persoas aspirantes que sexan excluídas por causas non imputables a elas. Para tal efecto, o reintegro realizarase de oficio, para o cal terán que facer constar a entidade bancaria e o número de conta no recadro que figura na solicitude. De non figuraren estes datos, entenderase que renuncian á devolución dos dereitos de exame.

3.9. Este procedemento desenvolverase de forma electrónica, polo que a persoa aspirante debe indicar na epígrafe Medios de aviso de notificación do formulario o teléfono e o enderezo electrónico válidos para recibir os avisos das notificacións que a USC poña á súa disposición. Estas notificacións realizaranse por comparecencia en sede electrónica, accedendo cos medios de identificación que se indican na base 3.2.

4. Admisión de persoas aspirantes.

4.1. Rematado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor ditará resolución en que se declare aprobada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas. Nesta resolución, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicaranse o lugar no cal está exposta ao público a listaxe completa de persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como as causas que motivaron a exclusión e o prazo para reparalas.

4.2. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da citada resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión.

Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas na seguinte ligazón: https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalFuncionario.htm, para o cal o/a aspirante deberá empregar os medios de identificación e sinatura que se indican no punto 3.2 desta convocatoria.

4.3. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a seren incluídas na relación de admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

4.4. Na resolución que aprobe a listaxe definitiva, que se publicará no Diario Oficial de Galicia, indicaranse o día, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio. Esta resolución esgotará a vía administrativa e poderase interpor contra ela recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou recurso potestativo de reposición, ante o reitor, no prazo dun mes, de acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

4.5. O feito de figurar na listaxe de persoas admitidas non prexulga que se lles recoñeza ás persoas interesadas a posesión de todos os requisitos exixidos, que terán que acreditarse no seu momento, de acordo co previsto na base 8.

5. Tribunal cualificador.

5.1. O tribunal cualificador destas probas selectivas terá a categoría primeira de conformidade cos grupos de clasificación para asistencias establecidos no Regulamento de indemnizacións por razón de servizo, aprobado en Consello de Goberno do 29 de decembro de 2020, e será nomeado mediante resolución reitoral que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

5.2. O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ao disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5.3. Para os efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na Reitoría da USC.

5.4. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, e notificaranllo ao reitor da Universidade, cando concorran neles as circunstancias previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, ou se realizaron tarefas de preparación de persoas aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O/a presidente/a solicitará dos membros do tribunal declaración escrita expresa de non estaren incursos nas circunstancias previstas no dito artigo.

Así mesmo, as persoas aspirantes poderán recusar os membros do tribunal cando concorran algunha das circunstancias antes citadas.

5.5. Antes do inicio das probas selectivas, a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia resolución pola que se nomean os novos membros do tribunal que vaian substituír os que perdesen a súa condición por algunha das causas previstas na base 5.4.

5.6. Logo da convocatoria do/da presidente/a, constituirase o tribunal de acordo co previsto no artigo 17.1 da Lei 40/2015, coa asistencia, tanto presencial como a distancia, da maioría absoluta dos seus membros titulares ou suplentes. Na dita sesión, o tribunal acordará todas as decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.7. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá a asistencia presencial ou a distancia do/da presidente/a e do/da secretario/a, e da metade, polo menos, dos seus membros para actuar validamente.

5.8. Dentro da fase de oposición, o tribunal resolverá todas as dúbidas que poidan xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deberá facer nos casos non previstos.

5.9. O órgano convocante, por proposta do tribunal, poderá dispor a incorporación aos seus traballos de asesores/as especialistas para as probas correspondentes aos exercicios que coide pertinentes, que se limitarán a prestar a súa colaboración nas súas especialidades técnicas. O persoal asesor deberá posuír titulación de igual ou superior nivel que a exixida nesta convocatoria. O seu nomeamento farase público e seranlle de aplicación as causas de abstención e recusación, ao igual que aos restantes membros do tribunal.

Así mesmo, o tribunal poderá dispor a incorporación con carácter temporal doutras/os funcionarias/os para colaboraren no desenvolvemento do proceso selectivo, tal e como se prevé no artigo 12.4 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.

5.10. O tribunal adoptará as medidas precisas para que as persoas aspirantes ás cales se refire o punto 3.9 participen en condicións de igualdade. Para tal efecto, o órgano de selección poderá requirir un informe e, se é o caso, a colaboración dos órganos técnicos da Administración laboral, sanitaria ou de asuntos sociais. Para os efectos de valorar a procedencia da concesión das adaptacións solicitadas, requirirase da persoa aspirante o correspondente certificado ou información adicional. A adaptación non se outorgará de forma automática, senón unicamente naqueles casos en que a discapacidade garde relación directa coa proba que se vaia realizar.

5.11. O tribunal adoptará as medidas oportunas para garantir que os exercicios escritos sexan corrixidos sen que se coñeza a identidade das persoas aspirantes. O tribunal excluirá aquelas persoas aspirantes que consignen nas follas de exame o seu nome, trazos, marcas ou signos que permitan coñecer a súa identidade.

5.12. En ningún caso o tribunal poderá aprobar nin declarar que superou as probas selectivas un número superior de persoas aspirantes que prazas convocadas. Calquera proposta de aprobados que contraveña o establecido será nula de pleno dereito.

Malia o anterior, e co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, cando se produza a renuncia dunha persoa seleccionada antes da toma de posesión, ou non acredite os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano convocante poderá requirir do órgano de selección unha relación complementaria das persoas aprobadas que sigan por puntuación as persoas propostas, para o seu posible nomeamento como persoal funcionario.

6. Desenvolvemento dos exercicios.

6.1. A orde de actuación das persoas aspirantes iniciarase alfabeticamente pola primeira da letra V, de conformidade co establecido na Resolución do 23 de xaneiro de 2023 da Consellería de Facenda e Administración Pública.

6.2. As persoas aspirantes serán convocadas para cada exercicio en chamamento único e serán excluídas da oposición as que non comparezan, agás nos casos de forza maior, debidamente xustificados e considerados polo tribunal.

As mulleres embarazadas que teñan unha previsión de parto coincidente coas datas de realización de calquera dos exercicios derivada do seu avanzado estado de xestación, ou eventualmente nos primeiros días do puerperio, poderano pór en coñecemento do tribunal achegando á comunicación o correspondente informe médico oficial.

A comunicación suporá o consentimento da interesada para permitir o acceso aos datos médicos necesarios relacionados coa situación. O tribunal, baseándose na información recibida, acordará se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo, aprazala ou adoptar ambas as medidas conxuntamente. Contra este acordo non cabe recurso, sen prexuízo de que as razóns da impugnación se inclúan noutro recurso admisible de acordo coas regras xerais do proceso selectivo.

6.3. De conformidade co disposto no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade, durante o proceso selectivo darase un tratamento diferenciado á quenda xeral da quenda de reserva para persoas con discapacidade, no que se refire ás relacións de admitidas/os e excluídas/os, aos chamamentos aos exercicios e á relación de aprobados/as. Non obstante, ao finalizar o proceso elaborarase unha relación única na cal se incluirán todas as persoas que superaron o proceso selectivo, ordenadas pola puntuación total obtida, con independencia da quenda pola que participasen.

6.4. Os sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaranse nos locais onde se realizase a proba anterior, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado, ou por calquera outro medio que se considere conveniente para asegurar a súa máxima divulgación, con doce horas, polo menos, de antelación ao comezo deste, se se trata do mesmo exercicio, ou de vinte e catro horas se se trata dun novo.

6.5. Para os efectos de cómputo de prazos desta convocatoria, o mes de agosto declárase inhábil.

6.6. O tribunal poderá requirir, en calquera momento do proceso selectivo, a acreditación da identidade das persoas admitidas. Así mesmo, se ten coñecemento de que algunha das persoas aspirantes non cumpre calquera dos requisitos exixidos na convocatoria, deberá propor a súa exclusión ao reitor da USC, logo de audiencia da persoa interesada.

Contra a exclusión da persoa aspirante poderase interpor recurso, perante a mesma autoridade indicada no parágrafo anterior, no prazo dun mes contado a partir da notificación da exclusión.

7. Listaxe de persoas aprobadas.

7.1. Concluído cada un dos exercicios da fase de oposición, o tribunal cualificador fará pública, no lugar ou lugares da súa realización, no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm, na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado e naqueloutros que coide oportunos, a relación de persoas aspirantes que acadaron o mínimo establecido para superalo, con indicación da puntuación obtida.

7.2. As persoas aspirantes disporán de tres (3) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da realización de cada exercicio, para presentaren reclamacións ás preguntas formuladas polo tribunal no correspondente exercicio.

7.3. Así mesmo, as persoas aspirantes disporán de sete (7) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación das puntuacións do exercicio correspondente, para presentaren reclamacións ás cualificacións.

7.4. A listaxe coa valoración de méritos da fase de concurso publicarase unha vez realizado o derradeiro exercicio da fase de oposición.

7.5. A publicación anterior irá acompañada da relación de persoas aspirantes que, segundo a orde de puntuación acadada por cada unha delas, fosen seleccionadas, na cal constarán a cualificación final obtida en cada unha das fases, oposición e concurso, e a proposta provisional de persoas seleccionadas segundo o previsto no anexo I.

7.6. Contra esta publicación, as/os aspirantes poderán presentar reclamación, ante o tribunal, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no taboleiro electrónico, a través do Rexistro de Entrada electrónico da USC https://sede.usc.es/sede/publica/persoais/rexistroEntrada/acceso.htm, para o cal o/a aspirante debe empregar os medios de identificación e sinatura que se indicaron no punto 3.2.

7.7. Se algunha persoa con discapacidade se presenta pola cota de reserva de persoas con discapacidade e supera os exercicios pero non obtén praza, e a súa puntuación é superior á obtida por outros/as aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación neste sistema.

7.8. Rematado o prazo de reclamacións, o tribunal publicará, pola quenda de acceso que corresponda, a proposta definitiva das persoas aspirantes seleccionadas, tendo en conta o previsto no número 5.12 desta convocatoria. Esta proposta será elevada ao reitor para efectuar o nomeamento de persoal funcionario de carreira, e publicarase no taboleiro electrónico https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/inicio.htm e na páxina web https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

8. Presentación de documentación.

8.1. No prazo de vinte (20) días naturais, contados a partir do seguinte a aquel en que se faga pública a relación definitiva de persoas aprobadas, as persoas aspirantes que figuren nela deberán presentar na Oficina de Asistencia en Materia de Rexistros da USC a documentación que acredite a posesión dos requisitos que figuran na base 2 da convocatoria para proceder ao nomeamento como persoal funcionario de carreira, agás que xa conste no seu expediente persoal.

8.2. Ante a imposibilidade, debidamente xustificada, de presentar os documentos expresados na base anterior, poderá acreditarse que se reúnen as condicións exixidas na convocatoria mediante calquera medio de proba admitido en dereito.

8.3. Quen, dentro do prazo fixado e salvo caso de forza maior, non presente a documentación ou do seu exame se deduza que carece dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderá ser nomeada/o funcionaria/o e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorrese por falsidade na solicitude inicial.

9. Adxudicación de destino.

9.1. Ás persoas aspirantes que superen este proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que veñan desempeñando con carácter definitivo se o posto que ocupan está definido na relación de postos de traballo tamén para o subgrupo A1. De non ser o caso, designarase destino provisional a un posto do subgrupo A1.

9.2. O persoal con discapacidade igual ou superior ao 33 % poderá pedir a adaptación do posto de traballo correspondente. Á solicitude xuntaráselle un informe expedido polo órgano competente na materia que acredite a procedencia da adaptación e a compatibilidade co desempeño das funcións que teña atribuídas o posto.

10. Nomeamento de persoal funcionario de carreira.

10.1. Concluído o proceso selectivo, as persoas aspirantes que o superasen serán nomeadas funcionarias de carreira. A toma de posesión das persoas seleccionadas efectuarase no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación do nomeamento no Diario Oficial de Galicia.

11. Listas de espera.

11.1. Elaboraranse listas de espera, para cada especialidade coas persoas aspirantes que superen algún exercicio da fase de oposición distinto do de galego. Para estes efectos, e co fin de determinar a súa opción, as persoas aspirantes indicarán o/os campus de preferencia na epígrafe correspondente da solicitude.

12. Norma derradeira.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2023

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

O sistema selectivo será o de concurso-oposición e constará das fases, probas e cualificacións que a seguir se indican:

Denominación das prazas: escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas

I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a seguir se indican, agás a exención prevista na descrición do primeiro.

Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio, agás o cuarto, que será obrigatorio e non eliminatorio.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou con outro documento que, ao xuízo do tribunal, permita acreditar fidedignamente a súa identidade.

Primeiro exercicio. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente, xunto coa solicitude, estaren en posesión do certificado Celga 4 ou do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega, ou do certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega.

Este exercicio terá a seguinte estrutura:

Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión escrita.

As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que se lles facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión oral.

As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

Segundo exercicio. Os/as aspirantes desenvolverán por escrito dous (2) temas, para escoller entre catro (4) sacados ao chou do seguinte xeito: un tema para escoller entre dous sacados ao chou do bloque 1 e outro tema para escoller de entre outros dous correspondentes ao bloque 2.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes disporán de catro horas.

Posteriormente, o tribunal convocará as persoas aspirantes para leren o exercicio en sesión pública e cualificarao valorando os coñecementos, a capacidade de síntese, a claridade e orde de ideas, e a calidade de expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición.

Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a, durante un período máximo de quince minutos, sobre aspectos dos temas desenvolvidos.

A valoración deste exercicio será de 0 a 30 puntos. Cada tema cualificarase cun máximo de 15 puntos e será necesario obter, como mínimo, 7,5 puntos en cada un para superalo.

Terceiro exercicio. Consistirá na preparación de dous supostos prácticos que se elixirán entre catro propostos polo tribunal relacionados cos bloques 1 e 2 do programa que figura na convocatoria. Para o desenvolvemento deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar os materiais e os soportes que o tribunal considere oportunos.

Para a realización deste exercicio as persoas aspirantes disporán de catro horas.

Posteriormente, o tribunal convocará os/as aspirantes para leren o exercicio en sesión pública e cualificará e valorará os coñecementos, a capacidade de síntese, a claridade e a orde de ideas. Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a, durante un máximo de quince minutos, sobre aspectos dos supostos realizados.

A valoración deste exercicio será de 0 a 35 puntos. Cada tema cualificarase cun máximo de 17,5 puntos e será necesario obter, como mínimo, 8,75 puntos en cada un para superalo.

Cuarto exercicio. Obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá na tradución por escrito, sen dicionario, para o castelán ou para o galego dun documento relacionado co temario da convocatoria, redactado nalgunha das seguintes linguas comunitarias: inglés, francés, alemán, italiano ou portugués. O texto para traducir será o mesmo en todas as linguas.

As persoas aspirantes deberán facer constar na solicitude o idioma elixido.

O tempo máximo para a realización deste exercicio será dunha hora e a súa valoración será de 0 a 5 puntos.

Antes da realización de cada exercicio, o tribunal deberá ter aprobado e publicado os criterios de avaliación e corrección.

Denominación das prazas: escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos

I. Fase de oposición: consistirá na realización dos exercicios que a seguir se indican para as quendas de promoción interna e de acceso libre, agás a exención prevista na descrición do primeiro.

Todos os exercicios terán carácter obrigatorio e eliminatorio.

As persoas aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio co DNI ou con outro documento que, ao xuízo do tribunal, permita acreditar fidedignamente a súa identidade.

Primeiro exercicio. Estarán exentas de realizar este exercicio as persoas aspirantes que acreditasen documentalmente xunto coa solicitude estaren en posesión do certificado Celga 4, do certificado de aptitude do curso de perfeccionamento de lingua galega ou do certificado de validación das materias de lingua galega, de acordo co previsto na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento de lingua galega.

Este exercicio terá a seguinte estrutura:

Primeira proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión escrita.

As persoas aspirantes deberán redactar un texto seguindo unhas indicacións que lles facilitarán por escrito. A elaboración do texto deberá basearse na comprensión dun texto escrito ou na comprensión dun fragmento de audio ou audio-vídeo.

A duración máxima desta proba será de noventa minutos.

Segunda proba. Comprensión escrita ou comprensión oral + expresión oral.

As persoas aspirantes deberán ler un texto ou escoitar un fragmento de audio ou audio-vídeo e a seguir, nunha entrevista co examinador, pediráselles que resuman o input e que manteñan un diálogo ao respecto do input recibido, de modo que poida ser avaliada a súa produción oral.

A duración máxima desta proba será de quince minutos por persoa aspirante.

Para superar este exercicio será necesario acadar o resultado de apto.

Segundo exercicio. As persoas aspirantes deberán desenvolver por escrito dous (2) temas para elixir entre catro (4) obtidos mediante sorteo polo tribunal de entre os que forman os bloques 1 (Arquivística) e 2 (Fontes documentais e historia das institucións). As persoas aspirantes terán que escoller obrigatoriamente un tema entre dous do bloque 1 e un tema entre dous do bloque 2.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes disporán de catro horas.

Posteriormente, o tribunal convocará as persoas aspirantes para leren o exercicio en sesión pública e cualificarao valorando os coñecementos, a capacidade de síntese, a claridade e a orde de ideas, e a calidade de expresión escrita, así como a súa forma de presentación e exposición.

Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a, durante un período máximo de quince minutos, sobre aspectos dos temas desenvolvidos.

A valoración deste exercicio será de 0 a 35 puntos. Cada tema cualificarase cun máximo de 17,5 puntos e será necesario obter, como mínimo, 8,75 puntos en cada un para superalo.

Terceiro exercicio. Consistirá na resolución de dous supostos prácticos que se elixirán entre catro propostos polo tribunal relacionados cos bloques 1 (Arquivística) e 2 (Fontes documentais e historia das institucións) do programa que figura na convocatoria. As persoas aspirantes terán que escoller obrigatoriamente un suposto entre dous do bloque 1 e un suposto entre dous do bloque 2.

Para o desenvolvemento deste exercicio os/as aspirantes poderán utilizar os materiais e os soportes que o tribunal considere oportunos.

Para a realización deste exercicio os/as aspirantes disporán de catro horas.

Posteriormente, o tribunal convocará as persoas aspirantes para leren o exercicio en sesión pública e cualificará e valorará os coñecementos xerais e específicos, a súa capacidade de relacionalos e sintetizalos, a claridade e a orde de ideas, así como a súa forma de presentación e exposición. Finalizada a intervención, o tribunal poderá dialogar co/coa opositor/a, durante un máximo de quince minutos, sobre aspectos dos supostos realizados.

A valoración deste exercicio será de 0 a 35 puntos. Cada tema cualificarase cun máximo de 17,5 puntos e será necesario obter, como mínimo, 8,75 puntos en cada un para superalo.

II. Fase de concurso (para ambas as dúas especialidades): consistirá na valoración, ás persoas aspirantes que superen a fase de oposición, dos seguintes méritos referidos á data de remate do prazo de presentación de solicitudes:

Máximo 30 puntos.

a) Antigüidade: máximo 9 puntos.

– Por cada ano completo de servizos prestados: 0,50 puntos.

– Por cada mes completo de servizos prestados que falte: 0,042 puntos.

b) Nivel de complemento de destino: máximo 20 puntos.

Valorarase o nivel de complemento de destino correspondente ao posto de traballo que se desempeñe con carácter definitivo ou en adscrición provisional na data de remate do prazo de presentación de solicitudes, de acordo coa seguinte táboa:

Nivel

Puntos

30

20

28

19

26

18

25

17

24

16

23

15

22

14

21

13

No caso de non ter posto definitivo, puntuarase o grao persoal consolidado e, se non se ten grao consolidado, atenderase ao mínimo correspondente á escala a que pertenza a persoa funcionaria.

c) Exercicio de dereitos de conciliación nos cinco anos anteriores á data de remate do prazo de presentación de solicitudes: máximo 1 punto.

– Licenza por maternidade: 0,2 puntos/licenza.

– Permiso de paternidade: 0,2 puntos/permiso.

– Redución de xornada do artigo 106 da Lei do emprego público de Galicia: 0,2 puntos. Para estes efectos, só se computará unha redución por ano.

– Excedencia para o coidado de fillas, fillos e familiares: 0,04 puntos/mes.

A cualificación final do concurso-oposición virá determinada pola suma aritmética das puntuacións correspondentes á fase de oposición máis a obtida na fase de concurso de méritos, na forma establecida neste anexo.

Os empates nas puntuacións resolveranse a favor da persoa aspirante que obtivese unha maior puntuación na fase de oposición e, se isto non for suficiente, pola maior puntuación obtida no cuarto exercicio, no terceiro exercicio e na fase de concurso, por esta orde ata que se resolva o empate.

Para a valoración da experiencia acreditada noutras administracións públicas, prevista na fase de concurso, e para a baremación das listas de espera, as dúbidas que xurdan resolveraas a Comisión Permanente de Valoración de Méritos, que intervirá por petición do tribunal ou da unidade encargada da baremación das listaxes e poderalles solicitar información complementaria ás persoas aspirantes en relación coas funcións e tarefas nos corpos ou escalas en cuestión, co fin de adoptar os acordos que procedan.

ANEXO II

Denominación das prazas: escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade bibliotecas

Programa

Bloque 1. Xestión e planificación na biblioteca universitaria. Servizos e acceso á información. Historia do libro e das bibliotecas.

1. A biblioteca universitaria: concepto, función e servizos. Modelos de organización bibliotecaria. A biblioteca universitaria como servizo de apoio á formación, docencia, investigación e xestión. Situación das bibliotecas universitarias en España e en Galicia.

2. A Biblioteca Universitaria da Universidade de Santiago de Compostela (BUSC): misión, visión e valores. Marco normativo, órganos de dirección e organigrama, espazos e coleccións. Evolución histórica e tendencias de futuro.

3. O novo rol do bibliotecario: habilidades, perfís e competencias como xestor da información e da documentación.

4. Cooperación en bibliotecas universitarias: tendencias e modelos de cooperación. Iniciativas cooperativas no ámbito español e de Galicia. A cooperación e as alianzas da BUSC.

5. Sistemas de planificación en bibliotecas. Planificación estratéxica e dirección por obxectivos. Xestión por procesos en bibliotecas universitarias. Márketing en bibliotecas: concepto, proceso e estratexias.

6. Avaliación dos servizos bibliotecarios. A calidade na xestión de procesos nas bibliotecas universitarias. Modelos de avaliación e acreditación da calidade.

7. Planificación, organización espacial e equipamento de bibliotecas universitarias. Novos espazos para novos servizos.

8. Xestión de recursos humanos nas bibliotecas universitarias. Motivación, liderado, traballo en equipo, comunicación interna.

9. Definición e análise de problemas. O proceso de toma de decisións. Xestión dos conflitos nas organizacións. A negociación. O cambio organizacional.

10. Xestión orzamentaria e financeira dos recursos económicos na biblioteca universitaria. Normativa de aplicación no sector público.

11. Novos servizos nas bibliotecas universitarias: a súa organización en contornas virtuais e presenciais.

12. Xestión de servizos ao usuario: planificación, carta de servizos e avaliación da súa satisfacción. Tratamento de suxestións, queixas e desideratas.

13. A biblioteca como axente formativo. Planificación, deseño e avaliación da formación en competencias dixitais e informacionais. O programa de formación en competencias en información da BUSC.

14. Servizos de apoio á investigación. Servizos de asesoramento sobre impacto e publicacións. Identificadores de investigadores. A avaliación científica. Colaboración en proxectos de humanidades dixitais.

15. Servizos de apoio á docencia e á aprendizaxe. A biblioteca na aula virtual, bibliografía recomendada e recursos de aprendizaxe e control antiplaxio. Servizos de apoio á innovación docente.

16. Servizos de difusión e márketing. Planificación e deseño de material promocional e informativo. Campañas da biblioteca. Extensión bibliotecaria e cultural.

17. Identidade dixital, visibilidade e reputación en liña. Redes sociais académicas e redes sociais xeneralistas como ferramentas de comunicación de contidos científicos e docentes.

18. O libro e as bibliotecas na Antigüidade.

19. O libro e as bibliotecas na Idade Media.

20. O libro e as bibliotecas desde a invención da imprenta ata o século XVIII.

21. O libro e as bibliotecas no século XIX.

22. O libro e as bibliotecas desde o século XX ata a actualidade.

23. A Ilustración e a encadernación do libro: evolución histórica.

24. Historia das bibliotecas universitarias. Historia da Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela.

Bloque 2. Xestión de coleccións. Busca, recuperación e organización da información.

25. Formación, mantemento e avaliación da colección bibliográfica en soporte físico. Xestión e desenvolvemento: modelos de adquisición, acceso, preservación e conservación. A expurgación.

26. Formación, mantemento e avaliación da colección bibliográfica en soporte dixital. Xestión e desenvolvemento: modelos de adquisición e comercialización, acceso, preservación e conservación.

27. Coleccións singulares e patrimoniais nas bibliotecas universitarias. Formas de adquisición: cesión, depósito, doazón. Descrición, tratamento, conservación e difusión. As coleccións singulares e patrimoniais da BUSC.

28. Xestión das coleccións bibliográficas nos catálogos automatizados das bibliotecas universitarias. O control de autoridades e os principais identificadores de autor: ORCID. Principais catálogos de autoridades nacionais e internacionais.

29. Os sistemas integrados de xestión bibliotecaria e as novas plataformas de servizos bibliotecarios: características e utilidades, principais diferenzas. Panorama e tendencias nas bibliotecas universitarias en España e en Galicia.

30. Estándares bibliotecarios de descrición e acceso: FRBR, FRAD, RDA. Formatos de codificación e intercambio bibliográfico: Marc 21 e Bibframe. Linguaxes de marcación, estándares da Web semántica e Linked Open Data.

31. A preservación dixital: directrices nacionais e internacionais. Técnicas, procedementos, estándares e metadatos. Os plans de preservación dixital nas bibliotecas.

32. Programas e proxectos de dixitalización en España e en Galicia. A dixitalización do fondo antigo na Biblioteca Universitaria de Santiago de Compostela. O Fondo Histórico e Patrimonial en Minerva.

33. Panorama actual da edición científica e a súa distribución electrónica. Industria e mercado da información electrónica. Impacto nas bibliotecas universitarias.

34. Xestión da documentación académica e científica mediante repositorios institucionais. Panorámica, modelos, posibilidades e retos. Minerva: repositorio institucional en acceso aberto da USC. Organización das súas coleccións. Xestión e administración. Políticas de autoarquivamento.

35. Fontes de información xerais e especializadas de apoio á investigación e á docencia.

36. Recursos de información en Ciencias Sociais e Xurídicas, Arte e Humanidades.

37. Recursos de información en Ciencias Naturais, Técnicas e Ciencias da Saúde.

38. Fontes de información para a identificación e localización de impresos antigos. O Catálogo colectivo de patrimonio bibliográfico e outros catálogos de fondo antigo.

39. O aceso á información nos catálogos automatizados das bibliotecas e nos catálogos colectivos. Tendencias no contido, a recuperación e visualización da información: a ferramenta de descubrimento ou discovery. Plataformas de préstamo de libros dixitais. Sistemas de xestión do préstamo interbibliotecario.

40. Impacto das tecnoloxías da información e a comunicación na bibliografía. Normalización de datos bibliográficos para citas. Xestores bibliográficos. Tipoloxía e funcionalidades.

41. Análise e avaliación da actividade científica. Bibliometría. Indicadores e índices bibliométricos. Aplicacións, metodoloxía e obxectivos. Métricas complementarias: Altmetrics.

42. Recursos de información para a acreditación e avaliación científica. Avaliación da actividade investigadora. Axencias de calidade universitaria españolas.

43. A comunicación científica: evolución, tendencias e situación actual. Principais tipos de publicacións científicas. O papel da biblioteca na asesoría para a publicación académica.

44. Control, difusión e valorización da produción científica nas universidades. Os portais de produción científica e os CRIS (Current Research Information System). O Portal da investigación da USC. O rol da BUSC.

45. Ciencia aberta (I). Políticas e estratexias internacionais. A situación en España. Principios de reutilización da información. O acceso aberto e os dereitos de autor no mundo dixital: Creative Commons e outros tipos de licenzas.

46. Ciencia aberta (II). Xestión dos datos de investigación nas universidades. Datos FAIR. O Plan de xestión de datos. Os repositorios de datos.

Denominación das prazas: escala facultativa de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade arquivos

Programa

Bloque 1. Arquivística.

1. Concepto de arquivo e arquivística. Evolución histórica. Principais ciencias e técnicas auxiliares da arquivística. Organismos internacionais de arquivos. Os arquivos como institucións: funcións e tipoloxía de centros. O arquivo electrónico único.

2. O documento de arquivo: definición, características, principios e valores. O documento electrónico. A norma técnica de interoperabilidade de documento electrónico.

3. Definición e características do expediente administrativo. O expediente electrónico. A norma técnica de interoperabilidade de expediente electrónico.

4. Os sistemas de escritura de documentos dos século IX ao XVIII. A diplomática española das idades Media e Moderna: principais tipos documentais.

5. A produción documental das administracións públicas. Tipoloxía dos documentos administrativos. Documentos administrativos de decisión, de transmisión e xuízo, e de constancia.

6. A xestión documental. Concepto, modelos e obxectivos. O esquema de metadatos (e-EMGDE) e as políticas de xestión de documentos electrónicos. Normas técnicas internacionais e españolas, e modelos de requisitos para a xestión de documentos.

7. A administración electrónica: características e marco normativo estatal, autonómico e da Universidade de Santiago de Compostela. O Esquema nacional de interoperabilidade e o Esquema nacional de seguridade.

8. A planificación estratéxica nun arquivo. Programación e xestión. Indicadores.

9. Sistemas ordinarios e extraordinarios de ingreso e saída de documentos nos arquivos. As transferencias. Os préstamos de documentos. A Instrución da Secretaría Xeral 1/2020 para o tratamento e xestión da documentación administrativa.

10. A identificación. Órganos produtores. Competencias e funcións. Tipos e series documentais. A clasificación. Definición e principios. Elementos e sistemas de clasificación. O cadro de clasificación. A codificación. A ordenación. Definición e niveis de aplicación. Características dun sistema de ordenación. Labores relacionados coa ordenación. A instalación.

11. A valoración, selección e eliminación de documentos. Criterios de valoración e selección. As comisións de valoración de documentos: obxectivos e funcións. A Comisión de Valoración de Documentos Administrativos da USC e o Consello de Avaliación Documental de Galicia. Procedemento e avaliación e selección de documentos na Comunidade Autónoma de Galicia. A Instrución da Secretaría Xeral 1/2021 relativa ao procedemento de eliminación documental desde os arquivos de xestión das unidades administrativas.

12. A descrición arquivística. Instrumentos resultantes. Control de linguaxe: índices e tesauros. A normalización da descrición: normas, modelos e formatos de intercambio. O modelo conceptual para a descrición arquivística en España. A Comisión de Normas Españolas de Descrición Arquivística (CNEDA): obxectivos, funcións e composición.

13. A xestión da calidade nos arquivos: as normas ISO, os manuais de calidade e boas prácticas para a xestión de documentos e arquivos: conceptos, analoxías e diferenzas.

14. O edificio, os depósitos e outras instalacións do arquivo: características arquitectónicas. Áreas, circuítos de circulación e mobiliario. Medidas ambientais e de seguridade. Os plans de continxencias e desastres. Actuacións de emerxencia en caso de desastre.

15. A conservación de documentos. Causas e factores de degradación. A conservación preventiva. A conservación de materiais especiais. Plans de xestión de catástrofes. A restauración. Concepto, obxecto e procesos. O taller de restauración.

16. Sistemas de reprodución de documentos en arquivos. A dixitalización de documentos. Elementos dun programa de dixitalización de documentos. Pautas e normas. Requisitos técnicos para proxectos de dixitalización en Galicia. Proxectos nacionais e internacionais.

17. A valoración cultural e a taxación de documentos: criterios e fontes. Órganos de valoración. O Consello Superior de Valoración de Bens Culturais de Interese para Galicia.

18. O dereito de acceso dos cidadáns á información pública. Marco normativo estatal e autonómico do réxime de acceso aos documentos custodiados nos arquivos. Límites ao dereito de acceso: normativa en materia de acceso e protección aos datos de carácter persoal, segredos oficiais, intimidade e honor das persoas, propiedade intelectual e outros límites e disposicións normativas.

19. A transparencia activa: a posta á disposición da información pública. Normativa reguladora da reutilización da información do sector público. A iniciativa Open Data e a súa aplicación no ámbito dos arquivos.

20. A difusión e a dinamización cultural nos arquivos. Os portais e repositorios de difusión da información arquivística: o Portal de arquivos españois (Pares), o Portal europeo de arquivos (APEx), Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, Hispana e Europeana.

21. Lexislación estatal e autonómica en materia de arquivos e patrimonio documental. A Lei de patrimonio histórico español e o seu desenvolvemento normativo. A Lei de arquivos e documentos de Galicia e a Lei de patrimonio cultural de Galicia.

22. O sistema español de arquivos: composición, estrutura e funcións. O sistema galego de arquivos. Os arquivos da Xunta de Galicia. Os arquivos dos órganos estatutarios de Galicia. O Arquivo do Reino de Galicia e os arquivos históricos provinciais de Lugo, Ourense e Pontevedra.

23. Os arquivos universitarios. Especial referencia a Galicia. O Arquivo da Universidade de Santiago de Compostela e o seu regulamento.

Bloque 2. Fontes documentais e historia das institucións.

1. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das chancelarías das coroas de Aragón, Castela e Navarra.

2. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Administración de xustiza e da institución notarial e rexistral. Da Idade Media ata a actualidade.

3. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da facenda pública e os sistemas fiscais do século XVI á actualidade.

4. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da Administración no Antigo Réxime.

5. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das administracións públicas do século XIX ata a actualidade.

6. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das institucións do ensino, con especial referencia á universidade.

7. Fontes documentais e bibliografía para o estudo do Exército e a Mariña. Do século XVI ata a actualidade.

8. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das institucións eclesiásticas. Especial referencia a Galicia.

9. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da nobreza e a fidalguía en Galicia desde a Idade Media ata o século XX.

10. Fontes documentais e bibliografía para o estudo da acción de España no exterior e da emigración. O caso galego.

11. Fontes documentais e bibliografía para o estudo dos arquivos familiares e persoais.

12. Fontes documentais e bibliografía para o estudo das organizacións políticas, sociais, empresariais e sindicais.

13. A chancelaría castelán-leonesa, catalano-aragonesa e navarra. Organización, tipoloxía diplomática e sistemas de escritura.

14. A facenda pública e o sistema fiscal na Idade Media e no Antigo Réxime.

15. A Administración de xustiza na Idade Media e no Antigo Réxime.

16. A Administración territorial na Idade Media e no Antigo Réxime.

17. O municipio e a Administración municipal na Idade Media e no Antigo Réxime.

18. A organización da Igrexa católica en España. As ordes relixiosas. Especial referencia a Galicia.

19. As ordes militares. Goberno e Administración territorial. Especial referencia a Galicia.

20. As institucións de beneficencia en España. Especial referencia a Galicia.

21. Orixe, organización e graos das primeiras universidades españolas. A educación universitaria en España ata a actualidade. A Universidade de Santiago de Compostela. As universidades da Coruña e Vigo.

22. As reformas político-administrativas do século XVIII.

23. A Administración central, territorial e municipal na Idade Contemporánea. Especial referencia a Galicia.

24. A Administración de xustiza na Idade Contemporánea. Especial referencia a Galicia.

25. A facenda pública e o sistema fiscal na Idade Contemporánea. Os procesos desamortizadores en España.

26. A institución notarial e rexistral en España. Evolución histórica.

27. As organizacións sociais, políticas, empresariais e sindicais na España contemporánea.

Nota: as referencias normativas deste temario poden verse afectadas polas modificacións que se produzan ata a data do exame e, nese caso, entenderanse referidas á lexislación en vigor.