DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51562

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de aprobación definitiva da modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase, ampliación da zona dotacional.

En cumprimento do disposto no artigo 82 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, e disposicións concordantes, faise público que o Pleno deste concello, en sesión do 23 de febreiro de 2023, aprobou definitivamente a modificación puntual do Plan de sectorización CC1-1ª fase: ampliación da zona dotacional e modificación da ordenanza SIPS (servizos de interese público e social), promovido polo Concello de Outeiro de Rei.

O contido íntegro do plan estará dispoñible para o público no seguinte enderezo electrónico: https://outeiroderei.sedelectronica.gal/transparency/

O contido do informe ambiental estratéxico publicouse no DOG núm. 107, do 7 de xuño de 2019.

As medidas previstas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan son as seguintes:

– Comprobación de que a superficie de actuación non excede a proxectada.

– Control sobre os usos do solo, que se deberán adaptar estritamente aos propostos na modificación.

Contra o devandito acordo, definitivo na vía administrativa, poderanse interpoñer os recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con todo, interposto o recurso de reposición, non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo ata que se resolva expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para ditar e notificar a resolución.

Outeiro de Rei, 31 de xullo de 2023

José Pardo Lombao
Alcalde