DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Martes, 5 de setembro de 2023 Páx. 51561

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de estudo de detalle para o axuste de aliñacións na parcela 27039A03000638.

Aprobado inicialmente por decreto da Alcaldía, o 13 de xullo de 2023, o estudo de detalle para o axuste de aliñacións na parcela 27039A03000638, no núcleo de Francos, parroquia de Francos, presentado por Constantino Casanova Quiñoá, seguindo a tramitación de acordo co disposto no artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na sede electrónica deste concello https://outeiroderei.gal/ e formularse as alegacións e observacións que se consideren procedentes, mediante escrito dirixido á Alcaldía.

Outeiro de Rei, 20 de xullo de 2023

José Pardo Lombao
Alcalde