DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50966

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/341-4 modificado).

O 25 de agosto de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMTS, CT As Fontiñas de Abaixo.

O 28 de febreiro de 2023, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa previa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción da instalación eléctrica no concello de Vigo (expediente IN407A 2022/341-4), coas seguintes características técnicas:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ, de 614 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT SDM711, entre o apoio A1ACOUEL//D32 e a LMT ao centro de transformación existente 36CMC7 Alza, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado nas Fontiñas, Vigo (Pontevedra).

Debido á necesidade de recuar o centro de transformación que será instalado na parcela con referencia catastral 54057A058002090000AZ, a liña de media tensión subterránea sofre unha lixeira variación no seu trazado, pasando a ter unha lonxitude total de 617 metros.

Unha vez realizadas as modificacións anteriormente descritas e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a nova petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMTS, CT Fontiñas de abaixo (modificado).

Situación: Vigo.

Características técnicas finais:

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 15 kV con condutor tipo RHZ, de 617 metros de lonxitude, con orixe e final na LMT SDM711, entre o apoio A1ACOUEL//D32 e a LMT ao centro de transformación existente 36CMC7 Alza, facendo entrada e saída no centro de transformación proxectado. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 15 kV/400 V, situado nas Fontiñas, Vigo (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 31 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2022/341-4 modificado.

Denominación: LMTS, CT As Fontiñas de Abaixo.

Concello: Vigo.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CT (m²)

Afeccións

ml sub.

m² sub.

1

Penis

Monte baixo

54057A058002090000AZ

Manuel Rodríguez Mosquera e outros

16,81

4,30

17,21