DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50969

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2022/047-4 modificado).

O 4 de febreiro de 2022, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación eléctrica denominada LMT FRI802, CS e CTI Petán-As Achas.

O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 9 de marzo de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia do 31 de marzo de 2022, no xornal Faro de Vigo do 23 de marzo de 2022 e taboleiro de anuncios do Concello da Cañiza, coas seguinte características técnicas:

– Centro de seccionamento (CS) con celas compactas con illamento e corte en SF6 (3L TT). Centro de transformación intemperie (CTI), no apoio proxectado HVH-2500/11, a 50 kVA con RT 20 kV/400 V. Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV, con condutor RHZ1, de 56 metros de lonxitude, con orixe e final na LMTS FRI8021173, facendo entrada e saída no CS proxectado LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, de 660 metros de lonxitude, con orixe no CS proxectado e final no apoio proxectado C-2000-12. Liña de media tensión aérea (LMTA) a 20 kV, con condutor LA-56, de 19 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-12 e final no CTI. A instalación está situada en Petán e As Achas, A Cañiza.

Debido a un acordo acadado cos afectados, UFD achegou unha modificación ao proxecto inicial. A modificación consiste na instalación do apoio proxectado C-2000/14 noutra parcela. Isto implica unha lixeira variación no trazado da liña de media tensión subterránea proxectada. Ademais, instalarase un apoio tipo celosía C-2000/14 para albergar o centro de transformación, no canto de instalar un apoio de formigón HVH-2500/11.

Unha vez realizada as modificacións anteriormente descritas e para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a nova petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: avenida América, 38, 28028 Madrid.

Denominación: LMT FRI802, CS e CTI Petán-As Achas (modificado).

Situación: A Cañiza.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, con condutor RHZ1, en tres actuacións. A primeira actuación é de 28 metros, con orixe no empalme coa LMTS FRI8021495 e final no centro de seccionamento proxectado. A segunda é de 28 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no empalme coa LMTS FRI8021495. A última é de 653 metros, con orixe no centro de seccionamento proxectado e final no paso aéreo (nº 1) subterráneo no apoio proxectado C-2000-12.

– LMTA a 20 kV, con condutor LA-56, de 22 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000-12 (núm. 1) e final no apoio proxectado C-2000-12 (núm. 2), no que se instala o CTI.

– Centro de seccionamento con celas compactas con illamento e corte en SF6 (3L TT), situado na parcela con referencia catastral 36009A020000100000ZB, no camiño A Aldeíña.

– Centro de transformación intemperie (CTI), no apoio proxectado C-2000-12 (nº 2), a 50 kVA con RT 20 kV/400 V, situado na parcela con referencia catastral 36009A023002100000ZR, no camiño de Pereiras.

A instalación está situada en Petán e As Achas, no concello da Cañiza (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno 43, 36071 Pontevedra, no prazo máximo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

O proxecto encóntrase á disposición do público para a súa consulta no portal da Consellería de Economía, Industria e Innovación (https://economia.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica?langId=gl_ES) durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Pontevedra, 31 de xullo de 2023

Beatriz López del Olmo
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Núm. de expediente: IN407A 2022/047-4.

Denominación: LMT FRI802, CS e CTI Petán-As Achas (modificado).

Concello: A Cañiza.

Núm.

Lugar

Cultivo

Referencia catastral

Titular

CS (m²)

Afeccións

ml sub.

m² sub.

1

Aldeíña

Urbana

36009A020000100000ZB

Irmáns Suárez Sánchez

14,01

2,00

8,33