DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50988

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de información pública sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da Zona Verde EL/ZV-30, no territorio de Cerdedo, concello de Cerdedo-Cotobade.

A Xunta de Goberno do Concello de Cerdedo-Cotobade, en sesión ordinaria que tivo lugar o 1 de agosto de 2023 adoptou o acordo de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da Zona Verde EL/ZV-30, no territorio de Cerdedo, Concello de Cerdedo-Cotobade.

De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Faro de Vigo.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado na Casa do Concello (Chan 11, Carballedo) das 9.00 ás 14.00 horas para formular as alegacións que se consideren pertinentes, así como na sede electrónica da entidade (http://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/info.0).

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Cerdedo-Cotobade, 2 de agosto de 2023

Jorge Cubela López
Alcalde