DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 29 de agosto de 2023 Páx. 50989

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2023 pola que se dá publicidade a un encargo de xestión, para o exercicio 2023, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade a un encargo de xestión, da Fundación Cidade da Cultura de Galicia Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), coas seguintes características:

Actividade: recuperación dos fondos deteriorados no Parque do Lago, consistente en retirar o material alleo, nivelar e afondar o leito, para maior oxixenación, capacidade do lago, previr os efectos negativos no ecosistema existente e habilitar a posibilidade de reutilización das augas cara a labores de rego.

Natureza e alcance da xestión: trátase dun encargo a un medio propio da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o disposto nos artigos 47 e 48 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Prazo de vixencia: 5 meses desde a formalización da encarga.

Importe: 55.764,43 €.

Tarifas aplicables: maioritariamente réxime de tarifas aprobado en data do 20 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

Ana Isabel Vázquez Reboredo
Directora xerente da Fundación Cidade da Cultura de Galicia