Mediante este anuncio faise público que, mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 2 de agosto de 2023, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 836-A-5453 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 879,80 m².
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: Jésica Cordo Cores (***8944**) e Magdalena Otero Oubiña (***8418**).
Novo titular: José Otero Pérez (***7739**).
O novo titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas das anteriores.
Condicións particulares baixo as cales se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar, no prazo máximo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 2 de agosto de 2023
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo