DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50484

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 12 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación, dunha instalación eléctrica nos concellos de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras (expediente IN407A 2022/144-3).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, sométese a información pública a solicitude relacionada coas instalacións que se describen a seguir:

Solicitante: I-DE Redes Eléctricas Inteligentes, S.A.U.

Domicilio social: avenida San Adrián, 48, 48003 Bilbao (Biscaia).

Denominación: reforma da LAAT a 20 KV (3ª categoría) 01-Pumares da S.T. CH Sobradelo (3182).

Situación: concellos de Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.

Características principais recollidas no proxecto:

• Substitución na LMT a 20 kV 01-Pumares da S.T. CH Sobradelo dos apoios existentes número 4, 7, 9, 21, 22, 23, 24, 28, 34, 35, 37, 41, 42, 44, 45 e 46 por novos apoios proxectados, de celosía metálica, do tipo C-12/2000, C-18/2000, C-18/2000, C-16/2000, C-16/2000, C-16/2000, C-16/2000, C-16/2000, C-14/2000, C-18/2000, C-14/2000, C-16/2000, C-14/2000, C-18/2000, C-16/2000 e C-14/2000, respectivamente.

• Desmontaxe na LMT a 20 kV 01-Pumares da S.T. CH Sobradelo dos apoios de formigón existentes número 39 e número 40 e instalación de novos apoios proxectados número 39N e 40N, de celosía metálica, do tipo C-14/2000 e C-12/2000.

• Substitución na LMT a 20 kV 01-Pumares da S.T. CH Sobradelo do condutor existente e instalación de 1.604 m de novo condutor proxectado do tipo LA-56.

• Desmontaxe do treito de liña aérea da LMT a 20 kV 01-Pumares da S.T. CH Sobradelo entre os apoios proxectados número 39N e 40N, que pasa a soterrado, proxectando nova LMTS, a 20 kV, de 121 m de lonxitude, en condutor tipo HEPRZ1 12/20 kV 3(1×240) con orixe no paso A/S no apoio proxectado número 39N e final no paso A/S no apoio proxectado número 40N.

O obxecto da información pública será a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica. A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos da expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Documentación que se expón:

1. O proxecto de execución, asinado en decembro de 2021 polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Lozano Fresneda, colexiado número 2.871 do COITIV.

2. A relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e de dereitos afectados, que figura no anexo a este acordo.

3. Os planos parcelarios do proxecto.

O que se fai público, para o coñecemento xeral, así como, en particular, dos propietarios dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, e das persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados, fosen omitidas, para que poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se for o caso, presentar as alegacións ou observacións que coiden oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

Poderase examinar toda a documentación nesta Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense, rúa Curros Enríquez, núm. 1, 32003 Ourense, e na seguinte ligazón web da Consellería:

http://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica

Ourense, 12 de xuño de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Número de expediente: IN407A 2022/144-3.

Concellos: Carballeda de Valdeorras e O Barco de Valdeorras.

Denominación da instalación: reforma da LAAT a 20 kV (3ª categoría) 01-Pumares da S.T. CH Sobradelo (3182).

Predios

Propietarios

Afeccións

Núm.

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Ref. catastral

Apoio ou CTC

Servidume
(Canal.)

Núm.

Sup.
ocupada m2

Lonx.
MTS

Sup. m2

2

Mtes. Baixos de Robledo

Matogueira

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A034005850000IQ

7
9

1,7
1,7

3

Mte. Ladeiras

Piñeiral madeirable

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A013011090000IP

21
22
23
24

1,4
1,4
1,4
1,4

4

Agra do Vale

Matogueira

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A012000220000IE

28

1,4

5

Corozais

Matogueira

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A012006530000IK

34

1,3

6

A Medua Pequena

Prado

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A012006400000IB

35

1,7

7

O Tumbeiro

Improdutivo

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A012008360000IL

37

1,3

8

A Medua

Urbano industrial

Cupa Group

000603000PG79F0001DG

39N
40N

1,3
1,1

120

60

9

Chao

Matogueira

Concello Carballeda de Valdeorras

32018A014001060000IH

41
42
44
45
46

1,4
1,3
1,7
1,7
1,7