Consonte o disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución da súa solicitude de dereito á asistencia xurídica gratuíta, acordada pola Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra, ao non ser posible a súa notificación persoal. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.
O texto íntegro da resolución que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas na sede da Comisión de Asistencia Xurídica de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 9º andar, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres).
A presente resolución poderá ser impugnada polas persoas que teñan un dereito ou interese lexítimo, no prazo de dez días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio. A impugnación realizarase por medio da presentación dun escrito dirixido á Comisión de Asistencia Xurídica Gratuíta de Pontevedra (avenida María Victoria Moreno núm. 43, 9º andar, Pontevedra) e será resolta polo xulgado correspondente, que poderá impoñer a quen a promovese de maneira temeraria ou con abuso unha sanción pecuniaria de 30 a 300 euros.
Pontevedra, 4 de agosto de 2023
O xefe territorial de Pontevedra
P.A. (Orde do 5.7.2021)
Marcos Barreiro García
Xefe do Servizo de Xestión Técnico-Administrativa e Interior
ANEXO
Expediente |
DNI/NIF/CIF |
Resolución notificada |
PR204A 2023/3462-4 |
77415499Y |
Denegatoria |
PR204A 2023/3469-4 |
77415499Y |
Denegatoria |
PR204A 2023/4768-4 |
54468186T |
Denegatoria |