DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50483

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se nomea un novo membro do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na condición de persoal estatutario fixo na categoría de persoal de servizos xerais.

Mediante a Resolución do 14 de xullo de 2023 (DOG núm. 129, do 21 de xullo) nomeáronse os tribunais cualificadores dos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, nas categorías estatutarias de persoal de servizos xerais e técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría.

Na base sétima da Resolución do 15 de decembro de 2022, de convocatoria do proceso selectivo da categoría de persoal de servizos xerais, disponse que a autoridade convocante publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución pola que se nomeen os novos membros que teñan que substituír os que perderon a súa condición por algunha das causas previstas.

De conformidade coa mencionada base e por circunstancias sobrevidas, esta dirección, como órgano convocante do proceso,

ACORDA:

Nomear, con efectos desde a data da presente resolución, un novo membro na condición de vogal titular do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de persoal de servizos xerais, convocado pola Resolución do 15 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023), nos termos que a seguir se indican:

Vogal titular: Argibay Vidueira, Sergio Luis, persoal estatutario de xestión e servizos, persoal de servizos xerais, en substitución de Busto Castaño, Luis Antón, persoal estatutario de xestión e servizos, persoal de servizos xerais.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023

Ana María Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos