DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 17 de agosto de 2023 pola que se acepta unha renuncia á condición de funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario.

Mediante a Orde do 19 de outubro de 2022 convocáronse procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, nos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG nº 206, do 28 de outubro; corrección de erros no DOG nº 216, do 14 de novembro).

Pola súa banda, o 30 de xuño publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 21 de xuño de 2023 pola que se pública a relación de persoal que superou os procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Posteriormente, mediante a Orde EFP/942/2023, do 28 de xullo, do Ministerio de Educación e Formación Profesional, noméanse, por proposta da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Comunidade Autónoma de Galicia, funcionarios de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño, e de mestres, os seleccionados nos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización convocados pola Orde do 19 de outubro de 2022, entre os cales figura Elena Escudero Pelayo na especialidade de Educación Física, do corpo de profesores de ensino secundario, co NRP ****636068 A0590 e data de efectos do 1 de setembro de 2023.

Unha vez presentado por Elena Escudero Pelayo, con DNI ***6636**, o 9 de agosto de 2023, o escrito de renuncia á súa condición de funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, e de conformidade co artigo 65 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e o artigo 64 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público,

DISPOÑO:

Único. Aceptar, con efectos do día seguinte á publicación desta orde, a renuncia á súa condición de funcionaria de carreira do corpo de profesores de ensino secundario, na especialidade de Educación Física, presentada por Elena Escudero Pelayo, con DNI ***6636** e número de rexistro de persoal ****636068 A0590.

Disposición derradeira primeira. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas precisas para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Consonte co establecido nos artigos 112, 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 10, 14 e 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra a presente orde, que pon fin á vía administrativa, poderase recorrer potestativamente en reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou poderá formularse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous (2) meses, contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2023

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades