DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2022/16-1, nos concellos de Monfero e Miño.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LAT 132 kV Eume-Pedrido D.A.R. Ap. 8-Ap. 58, nos concellos de Monfero e Miño (expediente IN407A 2022/16-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 8 de agosto de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2022/16-1.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LAT 132 kV Eume-Pedrido D.A.R. Ap. 8-Ap. 58.

Concellos: Monfero e Miño.

Predio

Concello

Referencia catastral

Titularidade proposta

Data de ocupación

4

Monfero

15051A01400048

Herdeiros de María Cortizas Suárez

9.8.2023

6

Miño

15049A01600022

Herdeiros de Manuel Couce García

9.8.2023

9

Miño

15049A00800563

Herdeiros de Manuel Chao

9.8.2023

10

Miño

15049A01101624

José Carlos González Gómez

9.8.2023