DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 8 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convocan os interesados ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica nos concellos de Coles e Ourense (expediente IN407A 2022/229-3).

Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas ao acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica LMTA, CTI e RBTA Pobadura, na Casa do Concello de Coles e no local da Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños (rúa Río Covas, 14, 32001 Ourense), segundo o calendario e o horario que se sinalan no cadro anexo.

Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

Ourense, 8 de agosto de 2023

Alicia María López Míguez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Relación de afectados descoñecidos, de domicilio ignorado ou non notificados

Nº de expediente: IN407A 2022/229-3.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA Pobadura.

Concellos: Coles e Ourense.

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Nº de predio

Lugar

Titular

Incidencia

Lugar da convocatoria

Data

Hora

3

Printal

José Iglesias González

Enderezo descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños

25.9.2023

11.30

7

Printal

Mª Delfina Dacal González

Enderezo descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños

25.9.2023

12.10

10

Os Campos

Descoñecido/a

Titular descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños

25.9.2023

12.15

11

Os Campos

Descoñecido/a

Titular descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños

25.9.2023

12.20

13

Os Campos

Nieves Carballo

Enderezo descoñecido

Local da Asociación de Veciños de Peliquín-Catro Camiños

25.9.2023

12.25

14

Restreba de Abaixo

Nieves Carballo

Enderezo descoñecido

Casa do Concello de Coles

25.9.2023

11.00