DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ANUNCIO do 7 de agosto de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución dun procedemento sancionador porque, tentada a notificación, non se puido practicar (expediente S-C-18.23).

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural ditou o 27 de marzo de 2023 acordo de incoación do procedemento sancionador que se indica, por infracción da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. Na instrución do dito procedemento, a persoa instrutora dependente da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, adoptou proposta de resolución e, intentada a notificación persoal deste acto de trámite, non foi posible a súa práctica.

Mediante este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se indica. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Patrimonio Cultural da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, no Edificio Administrativo de Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 15071, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, na Coruña.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no citado taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo. A proposta contén ofrecemento de prazo de alegacións de quince días.

A Coruña, 7 de agosto de 2023

Indalecio Cabana Leira
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Procedemento sancionador: S-C-18.23. A Coruña.

DNI/CIF da persoa interesada: 25144144S.

Acto notificado: proposta de resolución.