DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50348

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Xuventude

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 18 de agosto de 2023 de selección de entidade privada sen ánimo de lucro no procedemento de asignación de concerto social para a execución do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo (código de procedemento BS213I).

No Diario Oficial de Galicia número 114, do 16 de xuño de 2023, publicouse a Resolución do 29 de maio de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, pola que se publica a convocatoria, mediante o procedemento de asignación de concerto social, para a prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo (código de procedemento BS213I).

O número 6 da cláusula M) do anexo I da dita Resolución do 29 de maio de 2023 establece que a resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos de notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, será igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería de Política Social e Xuventude.

Unha vez instruído de conformidade coas bases do procedemento de selección, tras a valoración dos criterios e emitida a proposta, o 18 de agosto de 2023 o órgano competente emite a resolución que finaliza o dito procedemento.

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 18 de agosto de 2023 ditada no procedemento BS213I de selección de entidade/s privada/s sen ánimo de lucro para a execución do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo, que se xuntará coa presente resolución no anexo.

Segundo. Notificada a resolución polo órgano competente, formalizarase o concerto coa entidade seleccionada para cada lote.

A formalización deste concerto social, de acordo co establecido no artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, farase mediante un documento administrativo dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación.

O concerto social perfeccionarase coa súa formalización e non se poderá iniciar a súa execución sen efectuarse esta previamente.

Efectuada a formalización, a entidade concertada estará obrigada a prestarlles ás persoas usuarias os servizos sociais nas condicións establecidas na normativa sectorial aplicable, na resolución da convocatoria do concerto social e, de ser o caso, nos criterios de preferencia e selección da entidade.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023

Jacobo José Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica

ANEXO

Resolución do 18 de agosto de 2023 pola que se selecciona unha entidade
privada sen ánimo de lucro para a concertación, mediante procedemento
de asignación de concerto social, da prestación do servizo dos puntos
de encontro familiar de Ferrol e Vigo (código de procedemento BS213I)

A través da Resolución do 29 de maio de 2023, da Consellería de Política Social e Xuventude, publicouse a convocatoria, mediante procedemento de asignación de concerto social, para a selección de entidades encargadas da prestación do servizo de xestión dos puntos de encontro familiar de Ferrol e Vigo (código de procedemento BS213I).

As entidades presentadas segundo os lotes son as seguintes:

Entidade solicitante

Data de presentación

Lote a que se presenta

Asociación Centro Trama

14.7.2023

Lote 1. PEF de Ferrol

Lote 2. PEF de Vigo

Fundación Educativa e Social Dignidade

17.7.2023

Lote 1. PEF de Ferrol

Lote 2. PEF de Vigo

Unha vez examinadas as solicitudes polo órgano instrutor, avaliadas as ditas solicitudes pola Comisión de Valoración, vista a proposta de resolución formulada pola Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica,

RESOLVO:

Primeiro. Seleccionar para levar a cabo a execución do lote 1, Punto de Encontro Familiar de Ferrol, a entidade que obtén maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 29 de maio de 2023.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 1 do concerto:

Entidade

Total puntuación

Asociación Centro Trama

56,50 puntos

Fundación Educativa e Social Dignidade

64,25 puntos

Segundo. Seleccionar para levar a cabo a execución do lote 2, Punto de Encontro Familiar de Vigo, a entidade que obtén maior puntuación, en aplicación dos criterios de valoración e baremo da cláusula O) do anexo I da Resolución do 29 de maio de 2023.

Consonte os criterios de valoración reflectidos no texto da resolución, a Comisión de Valoración establece a seguinte puntuación para as entidades presentadas ao lote 2 do concerto:

Entidade

Total puntuación

Asociación Centro Trama

56,50 puntos

Fundación Educativa e Social Dignidade

64,25 puntos

Terceiro. Adxudicarlle o lote 1 do concerto social, Punto de Encontro Familiar de Ferrol, do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

NIF

Entidade

G27473677

Fundación Educativa e Social Dignidade

Código de procedemento: BS213I.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 16.6.2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.8.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

2023 (4 meses)

53.596,49 €

2024

176.401,26 €

2025

181.192,91 €

2026

181.192,91 €

2027 (8 meses)

120.795,28 €

Cuarto. Adxudicarlle o lote 2 do concerto social, Punto de Encontro Familiar de Vigo, do xeito que a seguir se indica, polo importe que se sinala, á entidade seguinte:

NIF

Entidade

G27473677

Fundación Educativa e Social Dignidade

Código de procedemento: BS213I.

Modalidade de concertación: procedemento de asignación de concertos.

Data de publicación: 16.6.2023.

Prazo de execución: o prazo de duración do concerto será desde a data da súa formalización ata o 31.8.2027.

O importe de adxudicación (exento de IVE) é o seguinte:

Distribución de anualidades

Anualidade

Importe

2023 (4 meses)

68.684,31 €

2024

211.008,33 €

2025

216.769,58 €

2026

216.769,58 €

2027 (8 meses)

144.513,07 €

Quinto. Asinar o concerto social para cada un dos lotes coa entidade seleccionada dentro dos 30 días seguintes ao da publicación da resolución de concertación, segundo indica o artigo 19 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, polo que se desenvolve o réxime de concertos sociais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Sexto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa poderá interporse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, contado a a partir do día seguinte da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. A resolución de concertación será publicada no Diario Oficial de Galicia e a publicación terá os efectos da notificación, consonte o artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tal como se indica no artigo 17.2 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023. A conselleira de Política Social e Xuventude. P.D. (Resolución do 29.5.2023). Jacobo Rey Sastre. Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.