DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 161 Venres, 25 de agosto de 2023 Páx. 50346

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

RESOLUCIÓN do 16 de agosto de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se fai pública a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt), así como os ciclos formativos autorizados, para o curso 2023/24.

Mediante a Resolución do 6 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se regulan os ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño (PluriArt) para o curso 2023/24 (DOG do 19 de xuño), regulouse o desenvolvemento de ciclos formativos plurilingües nas ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e estableceuse a convocatoria para as escolas de arte e superiores de deseño que desexen impartir estes ciclos plurilingües no curso 2023/24.

O punto décimo terceiro da antedita Resolución do 6 de xuño de 2023 establece que a directora xeral de Formación Profesional ditará unha resolución que conterá a relación de escolas de arte e superiores de deseño e ciclos autorizados, e que se publicará no Diario Oficial de Galicia.

En virtude do exposto anteriormente,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar a relación de escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2023/24, así como os ciclos formativos autorizados.

Segundo. Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 16 de agosto de 2023

María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO

Escolas de arte e superiores de deseño autorizadas para impartir ciclos formativos plurilingües (PluriArt) no curso 2023/24 e ciclos formativos autorizados

Código

Escola de arte
e superior de deseño

Ciclo

Idioma

27006589

EASD Ramón Falcón

Fotografía (ciclo formativo de grao superior)

Inglés

Serigrafía Artística (ciclo formativo de grao medio)

Inglés