DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 24 de agosto de 2023 Páx. 50224

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de compensación ás empresas que desenvolvan actividades de comercialización e transformación dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura polas consecuencias da guerra de Ucraína, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PE107G).

BDNS (Identif.): 712963.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nestas bases, as persoas físicas, xurídicas ou pluralidade de persoas físicas que sexan unha empresa do sector de comercialización ao por maior ou de transformación dos produtos pesqueiros e da acuicultura.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras e a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para compensar as empresas de comercialización ao por maior e transformación dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura polos efectos do incremento de prezos pola invasión de Ucraína.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de agosto de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, de compensación ás empresas que desenvolvan actividades de comercialización e transformación dos produtos da pesca, marisqueo e acuicultura polas consecuencias da guerra de Ucraína, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convocan para o ano 2023 (código de procedemento PE107G).

Cuarto. Importe

Para o ano 2023 as axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 15.02.723B.770.2, correspondente á Consellería do Mar para 2023. O importe máximo das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 7.500.000 euros.

A concesión estará sometida á condición suspensiva de existencia de crédito axeitado e suficiente no momento da resolución para o gasto que se vai efectuar no orzamento de gastos para o ano 2023.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado desde o día seguinte á publicación da orde.

Entenderase como último día do prazo para a presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día da súa publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último día do mes.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

A secretaria xeral técnica da Consellería do Mar
P.A. (Artículo 11.e) da Orde do 21.2.2022)
Mª Dolores Novo Gutiérrez
Vicesecretaria xeral da Consellería do Mar