DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2023 Páx. 49776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cerdido (expediente IN407A 2023/219-1).

Expediente: IN407A 2023/219-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT MEA-803-apoio B2GGQ03X//78-41.

Concello: Cerdido.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña MEA-803 autorizado no expediente 27.338, de 278,2 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre o seu apoio núm. 78-40 (matrícula: B2JW8H9K) metálico de celosía tipo AM-AL-C-1000/14-H35-CAIII (CSIII) proxectado no expediente IN407A 2021/261-1 e o apoio núm. 78-42 (matrícula: B2DNOQH3) de formigón tipo S-AL-HV-IIB/14-BR1-CSRIII, consistente en:

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15025A039001730001ZE sita no lugar da Vila da Igrexa, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 78-42, do apoio núm. 78-41 (matrícula: B2GGQ03X) de formigón tipo AM-AG-IIB-500/12-Lira-CAII-2(CD-CAI) no que teñen a súa orixe a derivada ao CT G. Santalla (matrícula: 15PSM1) e a derivada ao CT Pena (matrícula: 15ARL9), polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-AG-C-3000/14-H35-CAIII-2(CD-CAIII).

– Substitución do condutor tipo LA-110 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-110 no van da liña MEA-803 de 157,7 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 78-40 e o novo apoio núm. 78-41 proxectado.

– Substitución do condutor tipo LA-56 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-56 no treito da liña MEA-803 rexistrado no expediente IN407A 2016/2059-1, de 7 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio núm. 78-41 proxectado e o apoio núm. 78-41-A-1 (matrícula: B2GGQ049) de formigón tipo AM-FL-HV-630/13-CR1-CAI no que se atopa instalado o CT G. Santalla (matrícula: 15PSM1).

– Retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito da liña MEA-803 autorizado no expediente IN407A 1998/108-1, de 6,6 metros de lonxitude, comprendido entre o novo apoio núm. 78-41 proxectado e o apoio núm. 78-41-B-1 (matrícula: B2GHHF5K) metálico tipo AM-FL-CH-2500/17,5-CR1-CAI, primeiro da LMT derivada ao CT Pena (matrícula: 15ARL9).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que estimen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/219-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMT MEA-803-apoio B2GGQ03X//78-41.

Concello: Cerdido.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

Natureza do terreo

CT/núm. apoio

Superficie (m²)

1

Banco de Santander

Generoso Andrés

Santalla Santalla

15025A039001730001ZE

A Vila da Igrexa

Novo apoio núm. 78-41

2

Rústico. Agrario.

Labor ou labradío de secaño