DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2023 Páx. 49780

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 28 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2023/218-1).

Expediente: IN407A 2023/218-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SDG-705 entre os apoios B1EDGOIP//29 e B1AT0F8P//29-B-1.

Concello: Curtis.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SDG-705 autorizado no expediente 27.318, de 273,7 metros de lonxitude en condutor tipo LA-110, comprendido entre os seus apoios nº 29 e nº 29-B-2, consistente en:

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15032A004004100000DQ sita no lugar de Vilardois, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio nº 29-B-2, do apoio nº 29-B-1 (matrícula: B1AT0F8P) de formigón tipo AM-AG-HP-800/14-B2-CAIII no cal ten a súa orixe a derivada ao CT intemperie Vilardois (matrícula: 15A451), polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/16-H35-CA(CS), no que se proxecta a substitución dos elementos de protección e manobra tipo XS existentes por outros renovados.

– Instalación, intercalado entre o apoio existente nº 29 (matrícula: B1EDGOIP) de formigón tipo AM-AG-2HP(Compás)-14/2B-CR1-CAI e o novo apoio nº 29-B-1 proxectado, na parcela con referencia catastral 15032A004004120000DL sita no lugar de Vilardois, dun novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-4500/14-H35-CA(CS) no que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Substitución do condutor tipo LA-110 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-110 no novo van da liña SDG-705 de 78,1 metros de lonxitude que se formará entre o novo apoio para intercalar entre o apoio nº 29 e o nº 29-B-1 para substituír e o novo apoio nº 29-B-1 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-110 (condutor existente) no van da liña SDG-705 de 107,8 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio nº 29-B-1 proxectado e o apoio nº 29-B-2 (matrícula: B18QWDC1) de formigón tipo AM-AG-HP-2×(1600/12)-CR1-CAIII existente.

Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no treito da liña SDG-705 autorizado no expediente 50.765, de 31,6 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o novo apoio nº 29-B-1 proxectado e o apoio nº 29-B-1-1-CT (matrícula: B19Y2Q52) de formigón tipo AM-AG-HV-1000/11-CR1-CAI no que se encontra instalado o CT intemperie Vilardois (matrícula: 15A451).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

A Coruña, 28 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2023/218-1.

Solicitante/promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SDG-705 entre os apoios B1EDGOIP//29 e B1AT0F8P//29-B-1.

Concello: Curtis.

Nº de parcela

Lugar

Datos catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

2

Fondal

15032A004004100000DQ

Rústico. Agrario.

Prados ou praderías

María García Vázquez

Josefa García Vázquez

José Manuel García Vázquez

Novo apoio nº 29-B-1

2