Expediente: IN407A 2023/213-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-809-apoio AMJ7NCLF//6-50-2.
Concello: Touro.
1. Características técnicas:
Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POR-809 autorizado no expediente IN407A 2009/470-1, de 308,2 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio núm. 6-50-1 (matrícula: AMKNS17C) de formigón tipo AM-AL-HV-1600/12-H35-CAI e o apoio núm. 6-50-3 (matrícula: AMHHASFF) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B2-CSRI, consistente en:
– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15086B506002330000QG sita no lugar de Cornado, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 6-50-3, do apoio núm. 6-50-2 (matrícula: AMJ7NCLF) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B2-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H35-CA(CS), no que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.
– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña POR-809 de 143,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 6-50-1 existente e o novo apoio núm. 6-50-2 proxectado.
– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña POR-809 de 164,8 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 6-50-2 proxectado e o apoio núm. 6-50-3 existente.
As anteriores operacións implicarán a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio núm. 6-50-1.
2. Lexislación de aplicación:
– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña, (rúa Vicente Ferrer, núm. 2-2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do Concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 28 de xullo de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Expediente: IN407A 2023/213-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-809-apoio AMJ7NCLF//6-50-2.
Concello: Touro.
Parcela proxecto |
Propietario/titular |
Referencia catastral |
Lugar |
Afección pleno dominio (LMT, CT e/ou apoios) |
Natureza do terreo |
|
CT/núm. do apoio |
Superficie (m²) |
|||||
1 |
Daniel Chorén Maroño |
15086B506002330000QG |
Freire Cala |
Novo apoio núm. 6-50-2 (ITC) |
2 |
Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño |