DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 22 de agosto de 2023 Páx. 49790

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 2022/377-1).

Expediente: IN407A 2022/377-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS, CT e RBT Osedo.

Situación: concello de Sada.

Feitos:

1. O día 9.11.2022, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000 achegan o proxecto de execución nomeado LMTS, CT e RBT Osedo, que inclúe memoria, planos e orzamento e está asinado o 21.6.2022 con declaración responsable do 21.6.2022 de Sergio Rodríguez Rodríguez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 482 de Ourense.

2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:

– Portal da transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación o 22.3.2023.

– Diario Oficial de Galicia (DOG) do 22.3.2023.

– Boletín Oficial da provincia do 6.3.2023.

– Xornal La Voz de Galicia do 13.3.2023.

– Taboleiro de anuncios do Concello, segundo certificado municipal do 25.5.2023.

3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.

4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: ao Concello de Sada, á Deputación Provincial da Coruña e a Patrimonio Cultural. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes presentados polos ditos organismos no prazo outorgado para ese efecto.

5. O día 10.7.2023 emitiuse un informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia; o Decreto 59/2023, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia; o Decreto 79/2023, do 22 de xuño, polo que se fixa a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia, e no Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, modificado polo Decreto 49/2023, do 19 de maio (DOG núm. 98, do 25 de maio).

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

3. As instalacións atópanse no lugar da Fraga, parroquia de Osedo, no concello de Sada e as súas características técnicas son as seguintes:

– Centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 250 kVA de potencia, relación de transformación 15/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, con equipamento de telecontrol e telexestión e cadro de baixa tensión con catro (4) saídas, para instalar na parcela con referencia catastral 8291806NH5989N0001SY sita no lugar da Fraga, Osedo (concello de Sada).

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 185 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe nos empalmes MT para realizar na estrada DP-5813 sobre a LMT SAD-713 existente (expediente IN407A 2016/2327-1) no treito procedente do CT Osedo (matrícula: 15C492) e remate en cela de liña do CT proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, de 186 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm² Al), coa orixe en cela de liña do CT proxectado e remate nos empalmes MT para realizar na estrada DP-5813 sobre a LMT SAD-713 existente (expediente IN407A 2016/2327-1) no treito cara ao CT Torrente-Seixeda (matrícula: 15CPJ4).

4. Na inspección realizada o 30.6.2023 para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume que sinala o artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

Consonte con todo o sinalado,

RESOLVO:

a) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.

b) A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

c) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante esta xefatura territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

– Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

d) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía, Industria e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.

A Coruña, 13 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2022/377-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: LMTS, CT e RBT Osedo.

Situación: concello de Sada.

Nº de parcela

Lugar

Datos catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Apoio nº

m2

1

Lugar Osedo

8291806NH5989N

0001SY

Urbano

Solo sen edificar

José Manuel Riveiro Pérez

Centro transfomación

16.81