DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49346

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

ANUNCIO de publicación da baremación provisional do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización (grupo III administrativo/a).

Mediante a Resolución do 27 de xullo de 2023 da presidenta do tribunal, publícase a baremación provisional do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría grupo III administrativo/a da Fundación Pública de Exposicións e Congresos da Estrada.

A resolución publicarase no portal web corporativo da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada www.feiradomoble.gal

A Estrada, 27 de xullo de 2023

José López Campos
Presidente do Comité Executivo da Fundación de Exposicións
e Congresos da Estrada