Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 305/2023 (procedemento ordinario), interposto por Sara Liñares Sixto contra a Resolución do 26 de decembro de 2022, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se realiza a convocatoria excepcional no proceso selectivo de estabilización, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional (DOG núm. 4, do 5 de xaneiro) (categoría: técnico en coidados auxiliares de enfermaría), e contra a desestimación por silencio administrativo do recurso de reposición interposto o 31 de xaneiro de 2023 contra a citada resolución.
A recorrente impugna o anexo II da citada resolución onde se recolle o baremo dos méritos que se valoran, concretamente o punto 2º (experiencia profesional).
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023
Ana Mª Comesaña Álvarez
Directora xeral de Recursos Humanos