Mediante a Resolución do 27 de xullo de 2023 da presidenta do tribunal, publícase a baremación provisional do tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, para o ingreso na categoría grupo I tesoureiro/a da Fundación Pública de Exposicións e Congresos da Estrada.
A resolución publicarase no portal web corporativo da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada www.feiradomoble.gal
A Estrada, 27 de xullo de 2023
José López Campos
Presidente do Comité Executivo da Fundación de Exposicións
e Congresos da Estrada