DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49325

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2023, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Cospeito (expediente IN407A 2023/070-2).

Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que a seguir se describe:

Peticionario: Deputación Provincial de Lugo.

Domicilio social: rúa San Marcos, 8, 27001 Lugo.

Denominación: LMT e CT do parque empresarial de Feira do Monte (fase I).

Situación: concello de Cospeito.

Características técnicas principais:

• Liña soterrada de alta tensión a 20 kV Cospeito, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio que soporta a OCR Peña, entra e sae no CT Proxectado e remata noutro paso aéreo a soterrado situado no mesmo apoio, cunha lonxitude de 824 metros, en condutor RHZ1-240 mm.

• Centro de transformación en edificio prefabricado P.E. Feira do Monte (fase I), cunha potencia proxectada de 1.000 kVA e unha potencia inicial de 630 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección con interruptor automático e unha de protección de transformador, relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Finalidade da instalación: nova subministración.

Orzamento: 232.553,47 euros.

Documentación que se xunta:

• Separata para o Concello de Cospeito.

• Separata para a compañía distribuidora (Begasa).

Esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería, o Decreto 49/2023, de 19 de maio, polo que se modifica o Decreto 116/2022, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVE:

En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción das ditas instalacións sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, condicionada ao cumprimento das seguintes condicións:

Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular, canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Industria e Innovación no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.

Lugo, 27 de xuño de 2023

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo