DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 1 de agosto de 2023, da Secretaría Xeral de Industria, polo que se notifica a resolución da non catalogación dun vehículo como histórico, devolta polo servizo de Correos (expediente VH22 220).

Intentada a notificación da resolución da non catalogación dun vehículo como histórico á persoa interesada que se especifica no anexo, e ao non ser posible a súa práctica a través do servizo de Correos, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias do Servizo de Administración Industrial da Secretaría Xeral de Industria, Complexo Administrativo San Lázaro (edificio Igape), 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2023

Nicolás Vázquez Iglesias
Secretario xeral de Industria

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

VH22 220

Juan Carlos Táboas Pastor

Resolución da non catalogación dun vehículo como histórico