DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 21 de agosto de 2023 Páx. 49229

III. Outras disposicións

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 2 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás asociacións galegas de usuarios de software libre para impulsar a realización de actuacións para o fomento do uso do software e hardware libre na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o período 2023-2024 (código de procedemento AP400E).

BDNS (Identif.): 712844.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas unicamente as asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas e correctamente rexistradas no Rexistro de Asociacións de Galicia, formadas por persoas físicas e que teñan recollido no seu obxecto social algún dos seguintes puntos:

• Difusión, fomento e/ou promoción do software e/ou hardware libre.

• Localización ao galego de aplicacións de software libre.

• Organización de xornadas e/ou eventos de software e/ou hardware libre.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13.2 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

Segundo. Finalidade

Concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para impulsar a realización de actuacións para o fomento do uso do software e hardware libre na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 2 de agosto de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás asociacións galegas de usuarios de software libre para impulsar a realización de actuacións para o fomento do uso do software e hardware libre na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o período 2023-2024 (código de procedemento AP400E).

Cuarto. Importe

A convocatoria está financiada con cargo á aplicación orzamentaria 07.A1.571A.781.0, proxecto 2014.00007, dos orzamentos da Comunidade Autónoma galega, con un importe máximo de 60.000 €, distribuídos do seguinte modo: 30.000 € para o ano 2023 e 30.000 € para o ano 2024.

A intensidade máxima desta subvención será do cento por cento (100 %) do custo elixible do proxecto subvencionable.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

Julián Cerviño Iglesia
Director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia