DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Oleiros (expediente IN407A 2023/206-1).

Expediente: IN407A 2023/206-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SAD-704-apoio AJ5E3CP0//55-1.

Situación: concello de Oleiros

Características técnicas:.

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SAD-704 autorizado no expediente 33.635, de 182,1 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio núm. 55 (matrícula: AJ43W8O0) de formigón tipo AM-AE-HV-1000/14-B1-CAI e o apoio núm. 55-2 (matrícula: AJ7K66S5) de formigón tipo AM-AL-HV-630/11-CR1-CAI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 15059A005003840000TY sita no lugar de Milleira, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 55, do apoio núm. 55-1 (matrícula: AJ5E3CP0) de formigón tipo AM-FL-HV-1.000/15-CR1-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo FL-C-2.000/16-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña SAD-704 de 70,9 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 55 existente e o novo apoio núm. 55-1 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente) no van da liña SAD-704 de 111,2 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 55-1 proxectado e o apoio núm. 55-2 existente.

– As anteriores operacións implicarán a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio núm. 55.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na Casa do Concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no portal web da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SAD-704-apoio AJ5E3CP0//55-1.

Situación: concello de Oleiros.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Severo Mateos López

15059A005003840000TY

Polígono 5, parcela 384

Lugar de Milleira

Novo apoio núm. 55-1 (ITC)

2

Rústico. Agrario