DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48749

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Cambre (expediente IN407A 2023/205-1).

Expediente: IN407A 2023/205-1.

Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT SMC-701-apoyo AIN0KA7S//42-2.

Termo municipal: Cambre.

1. Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña SMC-701 autorizado no expediente 26.711, de 144,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio núm. 42-1 (matrícula: AINGAK8O) de formigón tipo AG-HV-12/2B-CR-CA e o apoio núm. 42-3 (matrícula: AIM0SVUQ) de formigón tipo FL-HV-1600/13-CR-CA, consistente en:

– Substitución, respectando a súa actual localización na parcela con referencia catastral 4435917NH5943N0001FE sita no lugar da Pena, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 42-1, do apoio núm. 42-2 (matrícula: AINOKA7S) de formigón tipo AL-HV-400/12-CB-CS, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-2000/14-H35-CA(CS), no cal se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Substitución do condutor tipo LA-30 (condutor existente) por novo condutor tipo LA-56, no van de 73,4 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 42-2 proxectado e o apoio núm. 42-3 existente.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no van de 71,4 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 42-1 existente e o novo apoio núm. 42-2 proxectado.

As anteriores operacións implicarán a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio núm. 42-1.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como na Casa do Concello de Cambre. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Instalación de telecontrol en LMT SMC-701-apoio AIN0KA7S//42-2

Relación de bens e dereitos afectados-termo municipal de Cambre

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio
(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Filomena Bermúdez Vázquez

Matilde Vázquez Varela

Alfredo Díaz Novo

Josefa María Díaz Novo

Francisco Novo Losada

María Olga Novo Blanco

4435917NH5943N0001FE

Lugar da Pena

Novo apoio núm. 42-2 (ITC)

2

Rústico. Agrario. Labor ou labradío de secaño