DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Boiro (expediente IN407A 2022/025-1).

Expediente: IN407A 2022/025-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BOI802 entre apoios 48 e 50.

Situación: concello de Boiro.

1. Características técnicas:

– Tramo de liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 274 m, con orixe no apoio proxectado que se vai substituír 9O9F7JKB//48 da LMT BOI802, condutor tipo LA-56 mm2 Al, e final no apoio proxectado que se vai substituír da 9O4WJ8T7//50 da LMT BOI802.

2. Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economia e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello.

Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo e das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://edicionportais.xunta.es/web/portal-cei-2014/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: IN407A 2022/025-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: regulamentación LMTA BOI802 entre apoios 48 e 50.

Situación: concello de Boiro.

Núm. parcela

Lugar

Datos catastrais

Cultivo

Propietario/a

Afección de solo en pleno dominio

Apoio núm.

m2

2

Espiñeira

15A011A009003910000XP

Labor ou labradío secaño

Teresa Mariño Ríos

49

2.0