DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Xoves, 17 de agosto de 2023 Páx. 48741

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ACORDO do 21 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de outorgamento da autorización administrativa previa e de construción e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución de enerxía eléctrica no concello de Touro (expediente IN407A 2023/207-1).

Expediente: IN407A 2023/207-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-809-apoio AODSLSRN//6-28-3.

Situación: concello de Touro.

Características técnicas:

Modificación, sen alterar a súa actual traza, do treito da liña POR-809 autorizado no expediente IN407A 2009/470-1, de 334,8 metros de lonxitude en condutor tipo LA-30, comprendido entre o apoio núm. 6-28-2 (matrícula: AOBW9QGW) de formigón tipo S-AL-HV-400/14-B2-CSRI e o apoio núm. 6-28-4 (matrícula: AOF8I60U) de formigón tipo S-AL-HV-250/14-B2-CSRI, consistente en:

– Substitución, respectando a súa localización actual na parcela con referencia catastral 15086D501003290000SR sita no lugar de Raxeira, cun lixeiro desprazamento cara ao apoio núm. 6-28-4, do apoio núm. 6-28-3 (matrícula: AODSLSRN) de formigón tipo AM-AL-HV-400/14-B2-CAI, polo novo apoio metálico de celosía tipo AM-C-1000/16-H40R-CA(CS), no que se proxecta a instalación dun reconectador telecontrolado composto por un equipo interruptor con cámara illada en SF6 e un armario de control.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no van da liña POR-809 de 193 metros de lonxitude comprendido entre o apoio núm. 6-28-2 existente e o novo apoio núm. 6-28-3 proxectado.

– Retensado do condutor tipo LA-30 (condutor existente), no van da liña POR-809 de 141,8 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio núm. 6-28-3 proxectado e o apoio núm. 6-28-4 existente.

– As anteriores operacións implicarán a retirada dos elementos de protección e manobra tipo XS actualmente instalados no apoio núm. 6-28-1.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, de ser o caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A documentación estará a disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, así como no concello. Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos, sobre os bens afectados que fosen omitidos.

Poderán examinar a documentación técnica e, de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que consideren axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Ademais, poderase consultar no Portal de transparencia e goberno aberto da Consellería de Economía, Industria e Innovación:

https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte

A Coruña, 21 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Denominación: instalación de telecontrol en LMT POR-809-apoio AODSLSRN//6-28-3.

Situación: concello de Touro.

Parcela proxecto

Propietario/titular

Referencia catastral

Lugar

Afección pleno dominio

(LMT, CT e/ou apoios)

LMT aérea-voo

(servidume de paso

de enerxía eléctrica)

Natureza do terreo

CT/núm. do apoio

Superficie (m²)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

1

Ángel Vázquez

Lamas e irmáns

15086D501003290000SR

Polígono 501, parcela 329

Lugar de Raxeira

Novo apoio núm. 6-28-3 (ITC)

2

Rústico. Agrario