DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48360

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial da Coruña, de convocatoria para o levantamento das actas previas á ocupación correspondentes aos bens e dereitos afectados polo expediente de expropiación IN407A 2010/268-1, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse a todas as persoas interesadas no acto de levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola infraestrutura de transporte de enerxía eléctrica denominada LAT 220 kV DC Lousame-Tivo, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón (expediente IN407A 2010/268-1), acto que se realizará nas oficinas das casas dos citados concellos segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla, todo iso sen prexuízo da posibilidade de acudir ao terreo se nese acto a persoa interesada ou quen a represente así o solicita.

Ao acto deberá comparecer a persoa propietaria ou titular de dereitos sobre o ben afectado, por si ou representado por persoa debidamente autorizada, e exhibir o o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.

A Coruña, 31 de xullo de 2023

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2010/268-1.

Entidade beneficiaria: Red Eléctrica de España, S.A.U.

Denominación da instalación: LAT 220 kV DC Lousame-Tivo.

Concellos: Rois, Brión, Teo e Padrón.

Predio

Concello

Ref. catastral

Titularidade proposta

Data

Hora

58

Brión

15013A05801344

José Antonio Rivas Costas

13.9.2023

9.30