DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48358

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Industria e Innovación

ANUNCIO do 31 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, polo que se notifica ás persoas interesadas a Resolución do 17 de abril de 2023 relativa ao parque eólico Reboiro, sito nos concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo) e promovido por Green Capital Power, S.L. (IN408A/2018/041).

Mediante a Resolución do 17 de abril de 2023, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, outorgouse autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción ás instalacións relativas ao proxecto do parque eólico Reboiro, sito nos concellos de Baralla, Castroverde e O Corgo (Lugo) e promovido por Green Capital Power, S.L. (IN408A/2018/041).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, despois dos intentos efectuados.

As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, sita en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética
e Recursos Naturais

ANEXO

Persoa/s interesada/s

Acto que se notifica

Cesar Gómez Arrojo

Autorización administrativa previa e autorización de construción

José López López

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Alicia López Pardo

Autorización administrativa previa e autorización de construción

Miguel Varela-Portas Castro

Autorización administrativa previa e autorización de construción