Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados polo proxecto de ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño, no concello de Culleredo (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 1 de agosto de 2023
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.
Entidade beneficiaria: Lots, Land & Rent, S.L. (Grupo Caamaño).
Denominación da instalación: ampliación das instalacións da sede central do Grupo Caamaño.
Concello: Culleredo.
Predio |
Referencia catastral |
Titularidade proposta |
Depósito |
Importe |
16 |
15031A00500168 |
Rosa Albina Fernández Vales e Francisco Santamariña Rodríguez |
682/2023 |
1.659,25 € |
17 |
15031A00500171 |
Jorge Mariscal Gantes |
683/2023 |
35.479,87 € |
22 |
15031A00500262 |
María Barral Lousada |
684/2023 |
11.127,37 € |