DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 11 de agosto de 2023 Páx. 48314

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ORDE do 4 de agosto de 2023 pola que se resolve o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia.

O 8 de abril de 2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 25 de marzo pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Mediante a Orde do 29 de agosto de 2022, publicada no Diario Oficial de Galicia do 2 de setembro, modifícase a Orde do 25 de marzo de 2015 pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos (EPOSH), adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia, e se regula a desistencia das solicitudes presentadas no procedemento iniciado ao abeiro dela.

Ao abeiro do disposto no artigo 3.2 da Orde do 25 de marzo de 2015, modificada pola Orde do 29 de agosto de 2022, con data do 20 de outubro de 2022, a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade remitiu á Dirección Xeral da Función Pública o informe proposta de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia, que exerceu a opción de integración.

A comisión prevista no artigo 3.5 da Orde do 25 de marzo de 2015 elaborou o seu informe, segundo consta na certificación emitida polo seu presidente do 26 de xuño de 2023.

En consecuencia, en virtude das competencias conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, de conformidade co disposto no artigo 10.3 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, polo que se regula o réxime aplicable ao persoal das entidades instrumentais integrantes do sector público autonómico de Galicia que sexan obxecto de creación, adaptación ou extinción, e co disposto no artigos 3.5 da Orde do 25 de marzo de 2015 pola que se inicia o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia,

ACORDO:

Artigo 1. Obxecto

O obxecto da presente orde é resolver o procedemento de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia.

Artigo 2. Resolución

Vista a proposta realizada pola Dirección Xeral da Función Pública,

RESOLVO:

1. Acordar a integración como persoal laboral fixo da Xunta de Galicia das persoas interesadas que se enumeran no anexo da presente orde, co grupo e categoría profesional segundo o sistema de clasificación profesional establecido no V Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, no posto de traballo e co carácter de adscrición a este que se indican.

2. A integración suporá a novación da relación contractual e comportará a formalización dun contrato de traballo como persoal laboral fixo da Administración xeral da Xunta de Galicia, debendo tomar posesión no prazo de seis días hábiles desde o 21 de agosto de 2023, salvo que se atope desfrutando dun período de licenza, vacacións, permiso ou de baixa por incapacidade temporal, en cuxo caso o cómputo comezará o día seguinte ao da súa reincorporación ao posto de traballo. Os efectos económicos do cesamento serán os do último día do mes en que este se produza, sendo, en consecuencia, os efectos económicos da toma de posesión do novo destino o primeiro día do mes seguinte ao do cesamento.

Así mesmo, a toma de posesión implica a súa renuncia voluntaria á situación anterior.

3. Ao persoal laboral integrado faráselle, de acordo co previsto no artigo 12.5 do Decreto 129/2012, do 31 de maio, un recoñecemento de servizos para o cálculo da antigüidade para os efectos de trienios, para adecuar a súa antigüidade en termos de homoxeneidade coa prevista no Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia, sen prexuízo do disposto na disposición adicional primeira da Lei 4/2021, do 28 de xaneiro, de medidas fiscais e administrativas.

4. Ao persoal integrado aplicaráselle, para todos os efectos, o réxime económico e xurídico do Convenio colectivo único da Xunta de Galicia, sen que en ningún caso orixine dereito a ningunha indemnización.

5. Ao persoal que como consecuencia da integración experimente unha diminución en cómputo anual das retribucións fixas e periódicas recoñeceráselle un complemento persoal de integración, de carácter transitorio, consistente na diferenza de retribucións, nos termos do establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 129/2012, do 31 de maio, de xeito que a equiparación total se producirá no prazo máximo de seis anos desde a súa integración como persoal laboral da Xunta de Galicia.

6. Procederá a extensión da correspondente dilixencia de integración por parte da consellería na cal sexa destinada o persoal integrado.

Artigo 3. Recursos

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interporse recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a presente orde, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Disposición derradeira única

A presente orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2023

Miguel Corgos López-Prado
Conselleiro de Facenda e Administración Pública

ANEXO

Proposta de integración como persoal laboral da Xunta de Galicia do persoal laboral fixo da extinta empresa pública de Obras e Servizos Hidráulicos, adscrito á entidade pública empresarial Augas de Galicia, que presentaron solicitudes que cumpren todos os requisitos exixidos na normativa vixente na materia:

Apelidos, nome

Servizo activo ou situación que orixine dereitos a reserva do posto

Grupo/categoría

Posto proposto

Código posto

Destino

Olañeta Méndez, Agustín

Si

Grupo III, categ. 02

Axudante/a de Administración

IV.E10.00.000.15770.063

Definitivo

Guerreiro Vázquez, Mª del Mar

Si

Grupo III, categ. 02

Axudante/a de Administración

IV.E10.00.000.15770.064

Definitivo

Santoalla Lorenzo, Ana Belén

Si

Grupo IV, categ. 01

Posto base subgrupo C2

IV.E10.00.000.15770.076

Definitivo

Fernández Fernández, Susana

Si

Grupo I, categ. 04

Xefe de Área de Xestión de Saneamento

IV.E10.00.006.15770.042

Definitivo

Fernández Ferreyra, Pablo

Si

Grupo II, categ. 07

Xefatura de Sección Técnica I

IV.E10.00.000.15770.038

Definitivo

Gestal Viqueira, Mª José

Si

Grupo II, categ. 07

Xefatura de Xección Xestión Orzamentaria I

IV.E10.00.003.15770.022

Definitivo

López do Casar, Ana Luisa

Si

Grupo II, categ. 07

Xefatura de Sección Xestión Orzamentaria II

IV.E10.00.003.15770.023

Definitivo

Blanco Menéndez, Jean Pierre

Si

Grupo I, categ. 04

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV.E10.00.000.15770.016

Definitivo

Barrio Martín, Juan Pablo

Si

Grupo I, categ. 04

Xefe do Servizo Xestión Abastecemento e Saneamento

IV.E10.00.006.15770.040

Provisional

Santos Santos, Luis

Si

Grupo III, categ. 02

Axudante/a de Administración

IV.E10.00.000.15770.062

Definitivo

Mosqueira Martínez, Gonzalo

Si

Grupo I, categ. 04

Enxeñeiro/a de funcións facultativas

IV.E10.00.000.15770.018

Definitivo

Rodríguez González, Paola

Si

Grupo III, categ. 02

Axudante/a de Administración

IV.E10.00.000.15770.066

Definitivo

Fernández Pereira, Mª José

Si

Grupo III, categ. 02

Axudante/a de Administración

IV.E10.00.000.15770.065

Definitivo

Posada Darriba, Manuel

Si

Grupo IV, categ. 01

Posto base subgrupo C2

IV.E10.00.000.15770.079

Definitivo

Fernández Domínguez, Manuela

Si

Grupo IV, categ. 01

Posto base subgrupo C2

IV.E10.00.000.15770.080

Definitivo

Picos Ferreira, José Emilio

Si

Grupo III, categ. 29

Xefatura de Negociado de Delineación

IV.E10.00.006.15770.006

Definitivo

Vázquez García, José Ricardo

Si

Grupo III, categ. 29

Xefatura de Negociado de Delineación

IV.E10.00.006.15770.005

Definitivo

Pérez Souza, Miguel

Si

Grupo II, categ. 27

Xefatura de Sección de Informática II

IV.E10.00.001.15770.026

Definitivo

García Díaz, Eduviges

Si

Grupo IV, categ. 01

Posto base subgrupo C2

IV.E10.00.000.15770.070

Definitivo

Duaso Mora, Begoña

Si

Grupo III, categ. 02

Secretario/a presidente/a

IV.E10.00.000.15770.003

Provisional

Segret Costas, Laura

Si

Grupo IV, categ. 01

Posto base subgrupo C2

IV.E10.00.000.15770.078

Definitivo