DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48047

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta do acordo de prorrogar a adhesión do persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ao Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas ata o 31 de decembro de 2023.

Visto o texto da acta do acordo de prorrogar a adhesión do persoal da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica ao Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas ata o 31 de decembro de 2023, que se subscribiu con data do 31 de maio de 2023 entre a representación da Fundación e o Comité de Empresa, e de conformidade co disposto no artigo 90, números 2 y 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

Esta dirección xeral de relacións laborais,

RESOLVE:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG nº 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Reunión representación da Fundación-Comité de Empresa

Asistentes:

Pola Fundación:

Ángel Carracedo Álvarez, director executivo.

María Torres Español, técnica de calidade.

Rosario Royo Martel, directora de RRHH de Galaria.

Antonio Andreu Vázquez, responsable de relacións laborais de Galaria.

Víctor Gallego Vincent, subdirector xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais en calidade de asesor.

Carmen Guillermo López, en calidade de asesora.

Polo Comité de Empresa:

Rocío Álvarez, CC.OO.

Vanessa Álvarez, CIG.

Margarita Formoso, CIG.

Emilio Nogueira, CCOO.

Eva Esteban, CSIF.

Miguel Tizón, en calidade de asesor.

En Santiago, sendo as 9.30 horas do 31 de maio de 2023, reúnense a representación da Fundación e o Comité de Empresa, en sesión extraordinaria, coa seguinte orde do día:

1) Prórroga da adhesión ao «Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas»…

…Finalmente acórdase por maioría da representación sindical dos traballadores a prórroga da adhesión ao «Convenio colectivo para o persoal laboral do sector sanitario de Galicia xestionado por fundacións públicas sanitarias ou empresas públicas» ata o 31 de decembro de 2023, co voto particular en contra da representante do CSIF...

E sen máis asuntos que tratar, dáse por finalizada a reunión.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2023