DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48043

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación da acta do acordo da Comisión Negociadora de actividades arqueolóxicas de Galicia na cal se acordou o calendario laboral e as táboas salariais para o ano 2022.

Visto o texto da acta do acordo da Comisión Negociadora de actividades arqueolóxicas de Galicia na que se acordou o calendario laboral e as táboas salariais para o ano 2022, que se subscribiu con data do 24 de febreiro de 2023, entre a representación empresarial de AEGA e a representación legal dos traballadores CIG-Asemblea de Traballadores da Arqueoloxía de Galicia (Ataga), e de conformidade co disposto no artigo 90, puntos 2 e 3, do Real decreto lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 713/2010, do 28 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos, acordos colectivos de traballo e plans de igualdade.

Esta Dirección Xeral de Relacións Laborais,

resolve:

Primeiro. Ordenar o seu rexistro e depósito no Rexistro de Convenios e Acordos Colectivos de Traballo da Comunidade Autónoma de Galicia (Regcon), creado mediante a Orde do 29 de outubro de 2010 (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

Segundo. Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2023

Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais

Actas dos acordos da Comisión Negociadora

Reunidos en comisión que tiveron lugar na Sede Nacional da CIG en Santiago de Compostela os días 20 de xaneiro, 10 de febreiro e 24 de febreiro de 2023,

Dunha parte e pola AEGA: Eduardo Breogán Nieto Muñíz (presidente da AEGA e da Comisión Negociadora Francisco Alonso Toucido e Roberto Bartolomé Abraira, que acoden con representación legal; pola outra e pola CIG-Asemblea de Traballadores da Arqueoloxía de Galicia (Ataga): Iván Rodríguez Franco, Lino Gorgoso López, Celtia Rodríguez e Iria Salvande Lorenzo.

Tras a preceptiva convocatoria oficial, as partes acordan conformar a Comisión Negociadora, con domicilio na Rúa Miguel Ferro Caaveiro, núm. 10, CP 15707 de Santiago de Compostela (A Coruña) para os anos 2023-2028, nomeando por unanimidade a Eduardo B. Nieto Muñiz como presidente e a Iván Rodríguez Franco vicepresidente, ambos por un prazo de dous anos e con cargos rotativos nos dous anos seguintes. Noméanse vogais desta a Lino Gorgoso e Iria Salvande pola CIG-Ataga, e a Francisco Alonso Toucido e Roberto Bartolomé Abraira pola AEGA.

Tras as correspondentes exposicións de antecedentes e motivos, en relación coas negociacións abertas de cara á sinatura dun novo convenio, a actualización das táboas salariais e a aplicación das subidas correspondentes ao IPC, así como a organización do calendario laboral para o ano 2023

ACORDAN:

1. O calendario laboral para o ano 2023 en función ao documento anexo.

2. O establecemento do 18 de agosto, Día Internacional da Arqueoloxía, como día de portas abertas ou de difusión da profesión arqueolóxica ao público, nas condicións indicadas no calendario.

3. A actualización das táboas salariais para o ano 2022 cunha subida do 6’2 % en todas as categorías sobre a táboa anterior e actualmente de referencia correspondente ao ano 2017, do xeito seguinte:

Grupo

Categoría

Salario base

Plus

asistencia

Vacacións

Pp.Ee.

Plus

transporte

Salario bruto mes

I

Director/a

1.524,12

195,6

143,31

286,62

349,3

2.498,95

I

Técnico/a

1.011,81

195,6

100,61

201,24

349,3

1.858,56

I

Arqueólogo/a de empresa

1.005,99

195,6

100,14

200,26

116,43

1.618,41

II

Técnico/a especialista

1.005,99

195,6

100,14

200,26

232,85

1.734,84

III

Auxiliar de arqueoloxía

808,04

195,6

83,63

167,28

291,07

1.545,62

IV

Xefe/a administrativo/a

859,34

195,6

87,91

175,82

116,44

1.435,11

Oficial administrativo/a

826,67

195,6

85,19

170,38

116,44

1.394,28

Auxiliar administrativo/a

759,16

195,6

79,57 1

159,13

116,44

1.309,89

4. O pagamento dos atrasos correspondentes ao ano 2022, con aplicación desde o mes de xaneiro, de xeito rateado durante o período dun ano (12 meses) desde a publicación destas actas.

5. Unha subida para o ano 2023 e seguintes dun máximo do 3 % sobre a táboa aprobada para 2022, ou do IPC correspondente no caso de que este sexa inferior ao 3 %, e vincúlase este acordo ao compromiso de sinatura dun novo convenio colectivo ao longo do presente ano 2023, con efecto desde a publicación deste.

6. A creación dun calendario de negociacións para un novo convenio colectivo.

Acórdase tamén a tramitación e publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG) das presentes actas para a entrada en vigor inmediata do calendario laboral e da táboa salarial actualizada, ante a posibilidade de que o novo convenio colectivo non se acorde ao longo de varios meses.

E para que conste para os efectos oportunos e de cara á publicación deste acordo, asinan

Pola AEGA

Eduardo B. Nieto Muñiz Fco. Alonso Toucido Roberto Bartolomé Abraira

Pola CIG-Ataga

Iván Rodríguez Franco Lino Gorgoso López Iria Salvande Lorenzo

missing image file