DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48049

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 20, do 30 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2022, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 677.437,68 euros, con cargo á aplicación 11.20.313D.481.2 (código de proxecto 2018 000112).

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

Sandra Vázquez Domínguez
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

Entidade

NIF

Concesión

SI451A-2023-01-00

Asociación Alar Galicia

G15775901

55.767,39 €

SI451A-2023-02-00

Asociación Amicos

G15747678

30.207,78 €

SI451A-2023-03-00

Fundación CIP

G15849318

63.964,16 €

SI451A-2023-04-00

Ecos do Sur

G15354483

60.284,80 €

SI451A-2023-05-00

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

63.782,88 €

SI451A-2023-06-00

Cimo-Entidade prestadora de servizos

G32010449

21.790,44 €

SI451A-2023-07-00

Fundación Amigos de Galicia

G15859911

33.213,92 €

SI451A-2023-08-00

Axel-Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

34.809,47 €

SI451A-2023-10-00

Fundación Impulsa para el Desarrollo del Empleo y la Integración Social

G27866763

55.999,96 €

SI451A-2023-11-00

Fundación Nortempo

G70009949

62.424,16 €

SI451A-2023-13-00

Apetamcor-Asociación de Empresarios de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

63.988,96 €

SI451A-2023-14-00

Asociación de Empresas e Profesionais do Transporte de Galicia Sinerxías

G10645075

47.986,45 €

SI451A-2023-15-00

Asociación Iris Social

G16824088

47.987,41 €

SI451A-2023-17-00

Ong Senvalos

G70610282

35.229,90 €

Totais

677.437,68 €