DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48053

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2023 de incremento do crédito previsto na Resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023 (código de procedemento IN848F).

Con data 9 de febreiro de 2023 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 18 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

O financiamento da convocatoria concédese con cargo á aplicación orzamentaria 05.A2.561A.770.0, inicialmente por un importe de 750.000 €, nunha única anualidade de 2023.

O artigo 3.3 das bases reguladoras establece que «Poderán ampliarse os créditos dedicados a esta convocatoria logo da declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda».

Debido a que o crédito previsto na citada orde non resulta suficiente para atender todas as solicitudes cuxo obxecto é susceptible de subvención, e dada a circunstancia de que existen remanentes doutras convocatorias na mesma aplicación orzamentaria con cargo á cal se financia a convocatoria e se cumpren os requisitos establecidos nas bases reguladoras, existe crédito dispoñible que fai posible considerar o incremento do dito crédito co obxecto de facer o máis extenso posible o impulso das accións de mellora da capacidade de innovación das pequenas e medianas empresas de Galicia.

Estas axudas fináncianse con fondos propios da Comunidade Autónoma. As axudas concedidas no marco desta resolución axustaranse ao establecido no Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado, publicado no Diario Oficial de la Unión Europea (DOUE núm. 187, do 26 de xuño).

Consecuentemente con todo o anterior, a directora da Axencia Galega de Innovación, en exercicio das facultades que lle confire o artigo 17.3 do Decreto 50/2012, do 12 de xaneiro, polo que se crea a Axencia Galega de Innovación,

DISPOÑO:

Artigo único. Incremento de crédito

Con base no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, acórdase ampliar o crédito dedicado ao financiamento das axudas previstas na Resolución pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a mellora da capacidade de innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento de bonos de innovación para pequenas e medianas empresas cuxa actividade se enmarca nas prioridades estratéxicas da RIS3, e se procede á súa convocatoria para o ano 2023.

O importe total do citado incremento é de cento vinte mil euros (120.000,00 €), consignados na aplicación orzamentaria 05.A2.561A.770.0, código de proxecto 2016 00013. Deste xeito, o crédito destinado a estas axudas quedaría por un importe máximo total de oitocentos setenta mil euros (870.000,00 €), nunha única anualidade 2023.

A publicación desta resolución non supón apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2023

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación