DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 10 de agosto de 2023 Páx. 48055

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 2023 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 27 de xullo de 2023, polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 27 de xullo de 2023 adoptou, por proposta da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, o acordo polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións.

En consecuencia, resolvo proceder á súa publicación no Diario Oficial de Galicia:

«Fixar os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións, conforme a proposta da vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que se xunta».

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Proposta do acordo polo que se fixan os prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións

A fixación dos prezos máximos de venda e renda das vivendas protexidas de protección autonómica en primeira ou posteriores transmisións ten a súa xustificación no disposto no artigo 66.1 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia e no Decreto 402/2009, do 22 de outubro, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real decreto 2066/2008, do 12 de decembro, para o período 2009-2012, en virtude da remisión prevista na disposición adicional primeira do Decreto 18/2014, do 13 de febreiro. Á vista da citada regulación, os criterios determinados regulamentariamente para a fixación dos prezos máximos de venda das vivendas protexidas é o metro cadrado da súa superficie útil e a área xeográfica en que se localizan. Para a determinación dos prezos máximos de renda aplícase unha porcentaxe sobre os prezos máximos de venda.

O Pacto de vivenda de Galicia 2021-2025, asinado polos representantes das entidades integrantes do pleno do Observatorio da Vivenda de Galicia o 20 de xaneiro de 2021, é un documento que xorde da análise conxunta e da contribución de todos os representados no Consello do Observatorio da Vivenda de Galicia. No devandito pacto recóllense as liñas de actuación pública na materia, constituíndo un instrumento de planificación das políticas públicas neste eido para o período 2021-2025 na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na acción 1 do programa 2 do seu eixe 1 «acceso á vivenda» baixo a rúbrica «impulso da vivenda protexida», incídese na necesidade de revisar os prezos das vivendas protexidas para darlle viabilidade á súa promoción. Así, dispón o seguinte:

«Co obxecto de facilitar a promoción de vivendas protexidas, posibilitando que exista máis oferta, principalmente nas localidades onde existe maior dificultade de acceso á vivenda libre, faise necesario realizar unha análise dos custos da promoción, de tal xeito que poida servir de base para, de ser o caso, revisar e actualizar os prezos máximos establecidos co obxecto de garantir a viabilidade da construción das vivendas protexidas e, deste xeito, facilitar o incremento do número destas.

Os prezos máximos de referencia para as vivendas protexidas levan máis de 12 anos sen actualizarse, o que provoca que, en moitos casos, non sexa viable a súa construción, polo que cómpre actualizar estes módulos co obxecto de impulsar a súa edificación».

Tras a actualización realizada en 2021, en cumprimento do dito pacto, a alza dos prezos da construción experimentada nos últimos anos implica a necesidade de actualizar os ditos prezos para garantir a viabilidade da promoción de vivenda protexida de nova construción.

Á vista do anterior, proponse a adopción do seguinte

ACORDO:

Fixar os seguintes prezos máximos de venda e renda das VPA e dos seus anexos, de nova construción:

1. Prezos máximos de venda en primeira transmisión:

a) Os prezos máximos de venda en primeira transmisión das VPA determinaranse, segundo o seu réxime -especial, xeral ou concertado-, en función da área xeográfica onde estean situadas -ámbito territorial de prezo máximo superior (PMS), zona 1 e zona 2- e o prezo do metro cadrado de superficie útil. Así:

1º. Réxime especial:

PMS: 1.620 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.431 euros por metro cadrado de superficie útil

Zona 2: 1.172 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 1.712 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.566 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.296 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.916 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.644 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.458 euros por metro cadrado de superficie útil.

b) Cando a promoción inclúa garaxes ou rochos, con independencia de que estean ou non vinculados á vivenda, o prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil destes, que figurará na cualificación provisional da vivenda, non poderá exceder o 60 por 100 do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da vivenda, quedando, polo tanto, fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

1º. Réxime especial:

PMS: 972 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 859 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 703 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 1.027 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 940 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 778 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.150 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 986 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 875 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior.

c) O prezo máximo de venda das vivendas e anexos situados en PMS que se constrúan en solos desenvoltos coa intervención de entes ou sociedades públicas ou en solos que fosen de titularidade pública e se alleasen para a promoción de vivendas protexidas será o fixado para a zona 1, segundo o réxime das vivendas.

d) Nas promocións de vivendas para uso propio, o prezo máximo de adxudicación ou o valor da edificación sumado ao do solo que figura na declaración de obra nova, no caso de promoción individual, terá os límites establecidos anteriormente e incluirá o conxunto dos pagamentos que efectúe a persoa promotora individual, a cooperativista ou comuneira que sexan imputables ao custo da vivenda por ser necesarios para levar a cabo a promoción e a individualización física e xurídica desta, incluíndo, se é o caso, os honorarios da xestión.

e) Estes prezos serán de aplicación ás VPA que se cualifiquen provisionalmente a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

2. Prezos máximos de venda en segundas e ulteriores transmisións:

a) O prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil, en segundas e ulteriores transmisións, será o fixado polo acordo do Consello da Xunta do 22 de xullo de 2021, é dicir, determinaranse, segundo o seu réxime -especial, xeral ou concertado-, en función da área xeográfica onde estean situadas -ámbito territorial de prezo máximo superior (PMS), zona 1 e zona 2- e o prezo do metro cadrado de superficie útil. Así:

1º. Réxime especial:

PMS: 1.500 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.325 euros por metro cadrado de superficie útil

Zona 2: 1.085 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 1.585 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.450 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.200 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.774 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 1.522 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 1.350 euros por metro cadrado de superficie útil.

b) Cando a promoción inclúa garaxes ou rochos, con independencia de que estean ou non vinculados á vivenda, o prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil destes, que figurará na cualificación provisional da vivenda, non poderá exceder do 60 por 100 do prezo máximo de venda por metro cadrado de superficie útil da vivenda, quedando, polo tanto, fixados nos seguintes importes, en función do réxime das vivendas:

1º. Réxime especial:

PMS: 900 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 795 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 651 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 951 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 870 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 720 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 1.064,40 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 913,20 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 810 euros por metro cadrado de superficie útil.

Para os efectos da determinación do prezo dos anexos, só serán computables, como máximo, 8 metros cadrados de superficie útil de rocho e 25 metros cadrados de superficie útil de garaxe ou calquera outro anexo, con independencia de que a súa superficie real sexa superior.

c) O prezo máximo de venda das vivendas e anexos situados en PMS construídas en solos desenvoltos coa intervención de entes ou sociedades públicas ou en solos que fosen de titularidade pública e se alleasen para a promoción de vivendas protexidas será o fixado para a zona 1, segundo o réxime das vivendas.

d) Estes prezos serán de aplicación ás segundas e ulteriores transmisións de VPA que se formalicen a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

3. Prezos máximos de renda das VPA.

O prezo máximo de renda será o resultante de aplicar o 3,7 % ao prezo máximo de venda en primeira transmisión que correspondería á vivenda protexida que se alugue, segundo a área xeográfica na que se sitúe, é dicir, a renda anual por metro cadrado de vivenda será:

1º. Réxime especial:

PMS: 59,94 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 52,95 euros por metro cadrado de superficie útil

Zona 2: 43,36 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 63,34 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 57,94 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 47,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 70,89 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 60,83 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 53,95 euros por metro cadrado de superficie útil.

A renda anual por metro cadrado de anexos non poderá exceder do 60 % do prezo de renda por metro cadrado da vivenda, é dicir:

1º. Réxime especial:

PMS: 35,96 euros por metro cadrado de superficie útil

Zona 1: 31,77 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 26,02 euros por metro cadrado de superficie útil.

2º. Réxime xeral:

PMS: 38,01 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 34,77 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 28,77 euros por metro cadrado de superficie útil.

3º. Réxime concertado:

PMS: 42,54 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 1: 36,50 euros por metro cadrado de superficie útil.

Zona 2: 32,37 euros por metro cadrado de superficie útil.

A dita renda máxima haberá de figurar na cualificación provisional da vivenda e poderá actualizarse anualmente de conformidade co previsto na lexislación de arrendamentos urbanos. A persoa arrendadora poderá repercutir á persoa inquilina os gastos que permita a lexislación aplicable.

e) Estes prezos máximos de renda serán de aplicación ás VPA que se cualifiquen provisionalmente a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.

4. Prezos máximos de renda en segundos e ulteriores contratos de arrendamento das vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores.

Para calcular o prezo máximo de renda en segundos e ulteriores contratos de arrendamentos das vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores tomarase como referencia o prezo máximo de venda en primeira transmisión establecido no número 1 da Resolución do 30 de xullo de 2021 pola que se fai público o Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de xullo de 2021 que correspondería ás vivendas do mesmo tipo e na mesma zona territorial.

A renda máxima inicial será a resultante de aplicarlle ao prezo de referencia establecido no parágrafo anterior as seguintes porcentaxes:

– O 3,15 %, para o caso de vivendas de promoción para venda e as destinadas a arrendamento a 25 anos, cualificadas con cargo a plans anteriores ao 2009-2012.

– O 4 %, para o caso de vivendas de promoción para venda e as destinadas a arrendamento a 25 anos cualificadas con cargo ao plan 2009-2012, así como para as cualificadas provisionalmente ata a entrada en vigor do presente acordo.

– O 4,5 %, para o caso de vivendas destinadas a arrendamento a 10 anos ou a 15 anos.

Para os efectos de fixar as equivalencias entre as diferentes denominacións das vivendas nos distintos plans de vivenda, observarase o establecido no número 2 da disposición adicional terceira do Decreto 402/2009, do 22 de outubro, respecto ás vivendas de protección oficial de promoción privada e de protección autonómica de plans anteriores ao 2009-2012.

Non obstante, poderán manterse os importes que se viñan percibindo no suposto que da aplicación dos novos prezos ás renovacións e aos novos contratos de alugamento de vivendas resultase unha minoración destes.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2023. Heriberto García Porto, director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.