DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

ANUNCIO do 20 de xullo de 2023 polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 174/2023 PA 74/2023 en relación co acordo do Consello de Dirección que aproba a modificación da estrutura organizativa e ao que se lle deu publicidade mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia número 235, do 13 de decembro).

O Instituto Galego de Promoción Económica recibiu un oficio do Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela, polo que se solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 174/2023 PA 74/2023 fronte ao Acordo do Consello de Dirección do 13 de outubro de 2022, publicado mediante a Resolución do 1 de decembro de 2022 (DOG núm. 235, do 13 de decembro).

En consecuencia, este instituto acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica