DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47760

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO das bases da convocatoria para a cobertura dunha praza de profesor de frauta do conservatorio municipal de música, Administración especial, subescala técnica, persoal laboral fixo, polo procedemento de oposición.

No Boletín Oficial da provincia número 100, do 29 de maio de 2022, publicáronse integramente as bases da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura dunha praza de profesor de frauta do conservatorio municipal de música, Administración especial, subescala técnica, persoal laboral fixo, polo procedemento de oposición.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Comezado o proceso selectivo, a publicación dos sucesivos anuncios para a celebración de probas restantes, así como a listaxe dos aspirantes aprobados en cada exercicio, efectuarase no taboleiro de anuncios e na páxina web do Concello (www.culleredo.es).

O que se fai público para xeral coñecemento.

Culleredo, 17 de xullo de 2023

O alcalde
P.D. (Resolución núm. 1260/2023, do 4.7.2023;
BOP núm. 131, do 11 de xullo)
Marta María Figueroa Fuentes
Concelleira delegada de Cohesión Social,
Recursos Humanos e Réxime Interior