DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47738

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2023, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) Ganadería Failde, SAT nº 973 Xuga, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Failde, S.L. por acordo adoptado na asemblea xeral do 30 de marzo de 2023.

b) Granja Bizarro, SAT nº 1540, cancelada finalizada a liquidación e aprobado o balance final, acordada na asemblea xeral do 11 de abril de 2023.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2023

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias