DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2023, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se fai pública a inscrición do acordo de modificación de estatutos sociais da entidade Galizi Hostelería, S. Coop. Galega.

En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta xefatura territorial o 24 de xullo de 2023 resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación do artigo 2 dos estatutos sociais relativo ao domicilio social da entidade Galizi Hostelería, S. Coop. Galega, acordada na reunión da asemblea xeral do 2 de xuño de 2023. O seu novo domicilio social é rúa Esperanto, número 2, concello de Vigo, provincia de Pontevedra.

Vigo, 24 de xullo de 2023

A xefa territorial de Pontevedra
P.A. (Artigo 62.3 do Decreto 123/2022)
Ana María Rodríguez Senra
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica