DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 8 de agosto de 2023 Páx. 47739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xullo de 2023, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de iniciación do expediente de clasificación do monte Pedra Blanca, a favor da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Vilar, na parroquia de Vilar, concello de Crecente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, na sesión celebrada o día 11 de agosto de 2022, acordou iniciar os trámites para a clasificación como veciñal en man común do seguinte monte:

Concello: Crecente.

Parroquia: Vilar.

Nome do monte: Pedra Blanca.

Cabida: 47.145 m2 (superficie alegada na solicitude).

Lindes:

Lindeiros

Norte

Leonardo Gesteira

Herdeiros María Jesús González Vázquez

Herdeiros Isauro Araujo González

Herdeiros Mauricio Vázquez Rodríguez

Herdeiros Adolfo Vázquez Méndez

Sur

Estrada da Cañiza á Pousa (Xunta de Galicia)

Camiño

Leste

Camiño

Oeste

Igrexa parroquia Vilar

Camiño

O que se pon en coñecemento de todas as persoas interesadas, indicándolles que se abre un período dun mes para que poidan examinar o expediente e efectuar as alegacións que coiden convenientes, así como achegar os documentos ou informacións que xulguen oportunas, de conformidade co disposto no artigo 23 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Pontevedra, 18 de xullo de 2023

Xosé Carlos Morgade Martínez
Instrutor