En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 27.6 da Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023, procédese á publicación das subvencións concedidas en virtude da devandita orde para o ano 2023.
Obxecto da axuda: as axudas teñen como obxecto subvencionar as accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia recollidas no artigo 2 da orde de referencia que establece como actuacións subvencionables as seguintes:
Na liña 1: cun importe total de 1.000.000,00 euros, accións formativas e actividades de asesoramento e sensibilización en relación coa normativa de prevención de riscos laborais por parte dos gabinetes técnicos de seguridade e saúde laboral, de carácter intersectorial.
Na liña 2: cun importe total de 655.103,00 euros, cursos de formación sectoriais e a realización de xornadas de sensibilización de carácter sectorial, así como estudos de carácter tamén sectorial e accións que permitan a elaboración de ferramentas e materiais innovadores relacionados co fomento da prevención de riscos laborais.
Norma reguladora: Orde do 31 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais e se convocan na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2023 (Diario Oficial de Galicia núm. 27, do 8 de febreiro de 2023).
Crédito orzamentario: 1.655.103,00 € (un millón seiscentos cincuenta e cinco mil e cento tres euros) recollido na aplicación orzamentaria 11.40.324A.481.1, código de proxecto 2015 00507, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2023.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023
Elena Mancha Montero de Espinosa
Directora xeral de Relacións Laborais
ANEXO
Beneficiarias liña 1
Entidade |
NIF |
Importe |
APE Galicia |
G36550630 |
22.120,00 € |
Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) |
G15080476 |
459.940,00 € |
Unión General de Trabajadores de Galicia (UGT Galicia) |
G15383011 |
148.529,44 € |
Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia |
G15103112 |
151.506,70 € |
Central SindicaI Independiente de funcionarios-CSIF |
G79514378 |
24.568,34 € |
Confederación Intersindical Galega (CIG) |
G36706927 |
175.395,53 € |
Beneficiarias liña 2
Entidade |
NIF |
Importe |
Asociación Clúster Granito |
G36644961 |
14.500,00 € |
Unións Agrarias-UPA |
G15115322 |
30.000,00 € |
Sindicato Labrego Galego |
G27023951 |
30.000,00 € |
Fegapesca |
G27780360 |
30.000,00 € |
Asociación Agraria de Galicia |
G94114675 |
24.000,00 € |
Fundamar |
G27745397 |
30.000,00 € |
Fundación Laboral de la Construcción |
G80468416 |
30.000,00 € |
Anfaco-Cecopesca |
G36625309 |
29.600,00 € |
Acegal |
G36274306 |
15.870,00 € |
Clúster Gallego Textil Moda |
G36681039 |
17.920,00€ |
Asime |
G36614774 |
17.300,00 € |
Fegatrans |
G32400293 |
28.380,48 € |
LugoMadera |
G27030915 |
17.160,00 € |
Asociación Provincial de Empresarios de la Construcción de Ourense (ACO) |
G32015828 |
29.900,00 € |
Federación Galega de Comercio |
G27170158 |
29.760,00 € |
Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar (Agtamar) |
G94116993 |
28.800,00 € |
Asoc. Provincial de Empresarios de Hostelería y Turismo de Lugo (APEHL) |
G27021005 |
12.542,51 € |
UGT Fica Galicia |
G87582524 |
30.000,00 € |
Sindicato Fetico-Galicia |
G15312424 |
29.120,00 € |
UGT-Servicios Públicos de Galicia |
G78085149 |
29.760,00 € |
Fed. Nac. Serv. Mobilidade e Consumo UGT Galicia (UGT FeSMC Galicia) |
G87589909 |
60.000,00 € |
Sindicato Nacional de CC.OO. de Galicia |
G15103112 |
26.855,00 € |
Central Sindical Independiente de Funcionarios CSIF |
G79514378 |
22.420,00 € |
Confederación Intersindical Galega (CIG) |
G36706927 |
59.155,00 € |